María Josefa Cerrato Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Josefa Cerrato Rodríguez
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Arroyo de San Serván, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 1981 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Calamonte, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Córdoba
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Granada
Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinaria , mestra , farmacéutica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Josefa de los Reyes Cerrato Rodríguez nada en Badaxoz o 6 de xaneiro de 1897[1] e finada o 30 de abril de 1981, foi unha veterinaria española. Pioneira neste campo, foi a primeira muller de España e a terceira de Europa en obter o título universitario de Veterinaria,[2] rematou brillantemente os seus estudos e licenciouse en 1925 na Escola Especial de Veterinaria de Córdoba, centro de orixe da actual Facultade de Veterinaria de Córdoba.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia tiña unha ferrería na súa vila e daquela era obrigatorio que este negocio fose supervisado por un veterinario. O seu avó e o seu pai foran veterinarios, e a súa nai mestra,[3] pero cando o seu pai se xubilou, o seu irmán, que dirixía o negocio familiar, tería que pechalo se non había veterinario. Foi o seu pai quen a animou a matricularse na universidade para obter o título de veterinaria. Daquela as mulleres tiñan prohibido cursar esta carreira, polo que en 1923 María Josefa tivo que obter un permiso especial do Ministerio de Instrución Pública, que incluía un certificado médico que avalaba as súas aptitudes físicas.[2]

Asistiu aos tres primeiros cursos de Farmacia na Universidade de Granada.[1] Matriculouse como alumna libre na Escola Especial de Veterinaria de Córdoba en 1924 e obtivo a súa licenciatura o 6 de xuño de 1925. O 16 de febreiro de 1926 matriculouse no Colexio Oficial de Veterinarios de Badaxoz. Unha vez rematada a carreira de veterinaria, trasladouse a Santiago de Compostela, onde realizou os restantes cursos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.[2][3] Non foi a primeira muller en matricularse en Veterinaria, xa que Justina González Morilla se matriculara antes que María Josefa na Universidade de León, pero rematou a carreira en 1928. María Josefa puido rematala antes xa que se validaran algunhas materias aprobadas en Farmacia.[4]

Traballou como Inspectora Veterinaria Municipal, mestra e farmacéutica en Calamonte entre 1926 e 1967.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bartolomé, Pilar (27 de novembro de 2016). "María Cerrato: la primera veterinaria de España". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Prego Meleiro, Carlos (21 de setembro de 2017). "Las pioneras que conquistaron Veterinaria". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Castaño Rosado, María. "Primeras Mujeres Veterinarias Españolas" (PDF). Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  4. Giganto, Teresa (13 de outubro de 2016). "La mujer de los Oteros que nació antes de tiempo". Consultado o 22 de setembro de 2017.