María José Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría José Ulla
Biografía
Nacemento(es) María José Ulla Madroñero Editar o valor em Wikidata
6 de xuño de 1945 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xaneiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , cantante , empresaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Antonio Plaza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

María José Ulla Madroñero, nada na Coruña o 6 de xuño de 1945 e finada en Madrid o 30 de xaneiro de 2022, foi unha modelo, Miss España (1964)[1] e empresaria galega.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era de Consuegra (Toledo). Foi elixida Miss España en 1964 en Madrid. O evento, que contou con vinte e dúas participantes, celebrouse no Teatro Cervantes de Málaga o 9 de maio de 1964. Entre os organizadores do evento estaba o seu futuro esposo, o xornalista José Antonio Plaza, con quen casou cinco anos despois. Tiveron unha filla chamada Carmen.

Participou nas seleccións de Miss Mundo (Londres, 14 de novembro de 1964) onde conseguiu ser Top 15 e Miss Universo (Miami Beach, 1 de agosto de 1964), onde non conseguiu clasificarse.[3] Posteriormente dedicouse á música[4], sendo unha das fundadoras do primeiro conxunto músico vocal feminino de España, "Las chic", xunto a Ángela Escribano, Isabel Anger e a dinamarquesa Doris Ken.[5] Foi tamén unha empresaria de éxito no sector audiovisual.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María José Ulla Miss España 1964" (PDF). Triunfo (103) (Madrid). 23 de maio de 1964. pp. 42–43. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  2. Redacción (31 de xaneiro de 2022). "Fallece en Madrid María José Ulla, que fue miss España en 1964". El Correo Gallego (A Coruña). Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  3. Redacción (15 de xullo de 2017). "Historia Miss España (Años 60)". Thetruebeauty. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  4. Redacción (31 de xaneiro de 2022). "Muere María José Ulla, Miss España 1964". Semana (Madrid). Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  5. "Las Chic". La Fonoteca. 2022. Consultado o 16 de febreiro de 2022.