María Jiménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Jiménez
Nome completoMaría Jiménez Gallego
Data nacemento3 de febreiro de 1950
Nado enSevilla
Falecemento7 de setembro de 2023
 Sevilla
CónxuxePepe Sancho
Ocupacióncantante, bailaor e actriz
XéneroFlamenco, rumba, tango, Bulería, bolero, ranchera...
Selo(s) discográfico(s)BMG-Ariola, Fonomusic, Universal...
Na rede
páxina oficial
IMDB: nm0423016 Allocine: 228046
Musicbrainz: 9beb3dae-2bc8-4d05-afb7-2c9ddb06fe52 Discogs: 388515 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Jiménez Gallego, nada en Sevilla o 3 de febreiro de 1950 e finada na mesma cidade o 7 de setembro de 2023, foi unha cantante andaluza. En 2022, recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Famosa polo contido liberal das súas letras e actuacións, comezou amadriñada por La Pipa en tablaos como Las Brujas nos primeiros anos da democracia española tralo franquismo.

Publicou o seu primeiro disco en 1976, con arranxos do guitarrista Paco Cepero con rumbas, tangos, bulerías, boleros, rancheiras e baladas de Silvio Rodríguez, Lolita de la Colina ou Amancio Prada. A este seguíronlle outros discos como Sensación e varias recompilacións.

A súa carreira relanzouse ó colaborar na canción La lista de la compra do grupo La cabra mecánica, e editando Donde más duele con cancións de Joaquín Sabina.

As súas opinións sobre a prensa rosa e a piratería son bastante coñecidas.[Cómpre clarificar] Publicou a súa biografía e apareceu en varias películas e series de televisión como Todos los hombres sois iguales. Presentou o programa Bienaventurados, en Canal sur.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casara co actor Pepe Sancho, con quen tivo un fillo, Alejandro. Antes deste matrimonio, tivera outra filla, María del Rocío, que faleceu nun accidente de tráfico.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • María "La Pipa", 1975 (BMG-Ariola)
  • María Jiménez, 1976 (Fonomusic)
  • María Jiménez (Se acabó), 1978 (Fonomusic)
  • Resurrección de la alegría, 1979 (Fonomusic)
  • Sensación, 1980 (Fonomusic)
  • De distinto modo, 1981 (Fonomusic)
  • Frente al amor, 1982 (Fonomusic)
  • Por primera vez, 1983 (Fonomusic)
  • Voy a darte una canción, 1984 (Fonomusic)
  • Seguir viviendo, 1986 (Fonomusic)
  • Alma salvaje, 1987 (Universal)
  • Rocíos, 1988 (PM Records)
  • Átame a tu cuerpo, 1993 (Senador/Coliseum)
  • Eres como eres, 1995 (Divucsa)
  • Donde más duele (canta por Sabina), 2002 (Muxxic/Universal)
  • De María...a María...¡con sus dolores!, 2003 (Muxxic/Universal)
  • Jiménez canta Jiménez (canta a José Alfredo Jiménez), 2005 (Muxxic/Universal)
  • Bienaventurados, 2006 (Qbs Slu/Vale Music)
  • La vida a mi manera, 2020 (Universal)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Manuela

Perdóname amor

  • Ano: 1982
  • Dirección: Luis Gómez Valdivieso

La vida siempre es corta (curta)

Hostal Royal Manzanares (serie)

Todos los hombres sois iguales (serie)

  • Ano: 1997
  • Dirección: Jesús Font

¡Ja me maaten...!

Yo, puta

Amar en tiempos revueltos (serie)

  • Ano: 2006
  • Dirección: Lluis María Güell e Orestes Lara

Los mánagers

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Gobierno distingue a 33 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 27 de decembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2023.