María Isabel Vaquero Quintela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Isabel Vaquero Quintela
Nacemento1967
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

María Isabel Vaquero Quintela, nada en Ourense en 1967, é unha activista da normalización lingüística do galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 1991 en Filoloxía Hispánica na subsección Galego-Portugués, na Universidade de Santiago de Compostela.

Traballa como técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1993 e desde 2000 é a responsable da súa Área de Dinamización. Foi membro fundadora da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. É concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación do Concello de Ames.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Pronomes e cláusulas de relativo na prosa medieval galego-portuguesa (Memoria de licenciatura).
  • Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución.

Coautora de:

  • Léxico panlatino de Internet: (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés)
  • Da periferia á Rede. Internet en Galicia: lingua e contidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CONCELLARÍA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICACIÓN". Concello de Ames. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 11 de xullo de 2018.