María Galindo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Galindo
María Galindo Argentina.jpg
Nacemento1964
 A Paz
NacionalidadeBolivia
Ocupaciónpsicóloga, activista, communicator, política, activista LGBT e activista polos dereitos das mulleres
editar datos en Wikidata ]

María Galindo Neder, nada en La Paz, Bolivia en 1964, é unha activista boliviana, militante do feminismo radical, psicóloga e comunicadora, cofundadora do colectivo Mujeres Creando en 1992, que segue liderando. Actualmente codirixe: Radio Deseo, emisora radial con alcance nas cidades da Paz e o Alto. Polas súas controvertidas accións, a miúdo catalogadas como "arte performativo" ou happenings, foi detida en varias ocasións pola policía boliviana. Entre os temas que traballou están a despatriarcalización no contexto do proceso constituínte boliviano e o feminicidio como crime de Estado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Galindo naceu o ano 1964 na cidade da Paz. Comezou os seus estudos escolares en 1970, rematando o bacharelato en 1981. En 1992 foi cofundadora xunto a Julieta Paredes e Mónica Mendoza do colectivo Mujeres Creando.[1]

Autodeclarouse lesbiana.[2] Nos seus temperáns anos de militancia social, vinculouse a esquerdistas ultrarradicais como Álvaro García Linera, a quen María Galindo defendeu cando foi procesado por subversión e terrorismo.

O 2006 lanza a súa candidata á Asamblea Constituyente polo Movimiento Bolivia Libre (MBL) como un acto simbólico e de crítica ao proceso mesmo. Neste contexto, redacta e publica, xunto co Movemento Mujeres Creando, La Constitución Política Feminista del Estado.

Tras a visita do presidente iraniano a Bolivia, Mahmud Ahmadineyad, recibido polo presidente Evo Morales o 27 de setembro de 2007, protestou na cadea televisiva de Unitel, onde se referiu tanto ao tema da violación dos dereitos humanos como á persecución e execución ás mulleres e homosexuais.

En 2007 xunto coa escritora arxentina Sonia Sánchez publicou Ninguna mujer nace para puta, presentado na Plaza Once de Buenos Aires rebautizada como Plaza de los Prostituyentes para denunciar o tráfico e a explotación sexual, nunha acción pública que serviu como lanzamento do libro.[3] Ese mesmo ano empezou a codirixir a emisora Radio Deseo e a presentar o programa La loca mañana.[4]

En 2013 publicou No se puede descolonizar sin despatriarcalizar no que critica o patriarcado como base de toda dominación, incluíndo o racismo.[5]

En marzo de 2017 participou nunha acción a favor da despenalización do aborto fronte á catedral da Paz convocada por Mujeres Creando.[6] En xuño do mesmo ano presentou o libro No hay libertad política sin libertad sexual,[7] produto da investigación realizada entre 2015 e 2016 na Asemblea Lexislativa Plurinacional sobre a homofobia na Asamblea Legislativa Plurinacional promovida pola Vicepresidencia do Estado de Bolivia.[8][9] A publicación do estudo foi publicado co apoio do financiamento colectivo a partir da plataforma Verkami.[10]

A finais de 2019, María Galindo estivo involucrada nunha controversia por un artigo,[11] no cal Galindo criticou duramente a presidenta boliviana Jeanine Añez.[12][13][14][15][16]

Galindo recibiu á súa vez críticas. Por exemplo, as feministas do grupo Pan y Rosas e o grupo feminino cruceño, Kuña Mbarete, acusárona de ser ás veces moi autoritaria e considerarse a única voz verdadeira dentro do feminismo boliviano.[17]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Y si fuésemos una espejo de la otra, por un feminismo no racista (1992)
  • María Galindo. 2005. Archivo Cordero 1900 - 1961 Edición Turner.
  • María Galindo, Sonia Sánchez. 2007. Ninguna mujer nace para puta. Edición ilustrada de Lavaca Editora, 220 páxs. ISBN 987-21900-3-8
  • Mujeres Grafiteando(2006), autoría colectiva de recompilación de graffitis producidos por Mujeres Creando.
  • María Galindo. 2013. No se puede Descolonizar sin Despatriarcalizar. ISBN 97899954-2-622-4
  • María Galindo, 2016 Espejito Mágico, un conxunto de retratos de mulleres escritos para Radio.
  • No hay libertad política sin libertad sexual (2017)

Produción cinematográfica[editar | editar a fonte]

  • Serie Acciones (2002); esta serie foi expuesta no Centro de Arte Reina Sofía en 2003 no contexto de Versiones del Sur
  • Mamá No me lo Dijo (2004); serie de televisión difundida en Bolivia en canal aberto. A filmación deste traballo supuxo un proceso xudicial por Actos obscenos iniciado polo Estado de oficio.
  • Exiliadas del Neoliberalismo (2004); documental sobre as mulleres bolivianas migrantes a España
  • Amazonas, mujeres indomables(2009); documental sobre un grupo de acción arxentino de loita contra a violencia machista instalado nos barrios habitados maiormente por migrantes bolivianas, peruanas e paraguaias
  • Virgen Cerro e Virgen Barbie; curtas que formaron parte da instalación na mostra Principio Potosí
  • 13 Horas de Rebelión (2013); 6 curtametraxes, unha delas formou parte central da instalación de Mujeres Creando na Bienal de Arte de Sao Paolo en 2014.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Future Greats: María Galindo". 
  2. Galindo, María (2014). "Maricona". Página siete. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  3. "La Plaza de los Prostituyentes (ex Once)". 6 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  4. "Programación de Radio Deseo". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  5. "Presentación de "No se puede Descolonizar sin Despatriarcalizar" en México" (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  6. "Mujeres Creando realiza protesta a favor del aborto en frontis de la Catedral - Diario Página Siete". Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  7. "No hay libertad política si no hay libertad sexual - Diario Página Siete". 11 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  8. "Estudio No hay libertad política sin libertad sexual - Diario Página Siete". 28 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  9. "María Galindo explica en vídeo el proyecto". 
  10. "Mujeres Creando: No Hay Libertad Política Sin Libertad Sexual" (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  11. "Jeanine: ¿usurpadora, sustituta, subalterna? - Diario Pagina Siete" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  12. "Sobre una columna de María Galindo - Diario Pagina Siete" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  13. "María Galindo desata una ola de criticas contra sí misma" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  14. "Respuesta a VOS, María Galindo - Diario Pagina Siete" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  15. "María ya no nos sirve - Diario Pagina Siete" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  16. "Lectores - Diario Pagina Siete" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  17. "Feministas Callejeras se pronuncia ante ataque de María Galindo a estudiantes" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]