María Fedorovna Romanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "María Fiodorovna Romanova")
María Fedorovna Romanova
Emperatriz de Rusia
Maria Feodorovna by Kramskoj.jpg
Retrato obra de Ivan Kramskoi.
Reinado 13 de marzo de 1881 -
1 de novembro de 1894
Coroación 27 de maio de 1883
Nome completo María Sofía Federica Dagmar Fedorovna Románova
Outros títulos
  • Princesa de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg
  • Princesa de Dinamarca
Nacemento 26 de novembro de 1847
Copenhague,
Dinamarca Dinamarca
Falecemento 13 de outubro de 1928
(80 anos)
Hvidøre, Dinamarca Dinamarca
Predecesor María Aleksandrovna Romanova
Sucesor Alexandra Fedorovna Romanova
Consorte Alexandre III
Descendencia Nicolao II de Rusia
Alexandre Aleksandrovich de Rusia
Xurxo Aleksandrovich de Rusia
Xenia Aleksandrovna de Rusia
Miguel Aleksandrovich de Rusia
Olga Aleksandrovna de Rusia
Dinastía Romanov
Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg
Pai Cristián IX de Dinamarca
Nai Luísa de Hesse-Kassel

María Fedorovna Romanova tamén coñecida como Dagmar de Dinamarca, nada no Palacio Amarelo de Copenhague o 26 de novembro de 1847 e finada en Hvidøre o 13 de outubro de 1928, foi emperatriz consorte de Rusia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a segunda filla do rei Cristián IX de Dinamarca e Luísa de Hesse. Casou co emperador Alexandre III de Rusia o 9 de novembro de 1866 e tras converterse á fe ortodoxa adoptou o nome de Maria Fedorovna. Apenas interviu en política, agás polo seu sentimento antialemán que proviña do conflito que enfrontaba a Prusia con Dinamarca polos ducados de Schleswig e Holstein, a súa vida pública orientouse ás obras benéficas e sobre todo á súa familia. Despois da Revolución Rusa negouse a deixar Rusia, tan só en 1919 a instancias da súa irmá Alexandra, muller de Xurxo V do Reino Unido, aceptou marchar ao exilio vía Crimea no navío de guerra británico, HMS Marlborough. Estableceuse en Dinamarca na vila de Hvidøre, proxima a Copenhague.

Con Alexandre III tivo seis fillos: