Elvira Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Elvira Rodríguez Herrer»)
Infotaula de personaElvira Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Elvira Rodríguez Herrer Editar o valor em Wikidata
15 de maio de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
Representa: Partido Popular

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Presidente Comisión Nacional do Mercado de Valores
6 de outubro de 2012 – 6 de outubro de 2016
← Julio Segura SánchezSebastián Abella (pt) Traducir →
Deputada de España
29 de novembro de 2011 – 24 de setembro de 2012 – José Juan Sánchez Barrera (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Jaén (en) Traducir

President of the Assembly of Madrid (en) Traducir
11 de xuño de 2007 – 7 de xuño de 2011
← Concepción Dancausa (en) TraducirJosé Ignacio Echeverría Echániz (en) Traducir →
Deputada na Asemblea de Madrid
11 de xuño de 2007 – 13 de decembro de 2015
Q57422779 Traducir
15 de xuño de 2006 – 2007
← María Dolores de CospedalManuel Lamela (pt) Traducir →
Q43103402 Traducir
13 de xuño de 2006 – 11 de xuño de 2007
← María Dolores de CospedalManuel Lamela (pt) Traducir →
Deputada de España
26 de marzo de 2004 – 13 de xuño de 2006 – Arsenio Pacheco Atienza →

Circunscrición electoral: Murcia (en) Traducir

Minister of the Environment (en) Traducir
7 de marzo de 2003 – 18 de abril de 2004
← Jaume MatasCristina Narbona → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de outubro de 2020fifth anniversary of El Español (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: erodriguez_2019 Editar o valor em Wikidata

María Elvira Rodríguez Herrer, nada en Madrid o 15 de maio de 1949, é unha economista e política española. Entre febreiro de 2017 e xuño de 2018 foi a presidenta de Tragsa, unha compañía pública participada ao 51% pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).[1] Foi presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores de 2012 a 2016.[2] Membro do Partido Popular, foi deputada e ministra de Medio Ambiente, ademais de presidenta da Asemblea de Madrid na IX Lexislatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elvira Rodríguez é licenciada en Ciencias Económicas e Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, interventora[3] e unha das primeiras mulleres auditora do Estado. En 1996, trala chegada do Partido Popular ao goberno, o Consello de Ministros nomeouna directora xeral de orzamentos no Ministerio de Economía e Facenda baixo as ordes de Rodrigo Rato.[4] En 1997 foi designada polo Consello de Ministros representante da Administración Xeral do Estado na Comisión Mixta da Cota Vasca, cargo que renovou en 1999.

Trala nova vitoria do Partido Popular e o acceso de Cristóbal Montoro ao Ministerio de Facenda no ano 2000, foi nomeada secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos.[5] Non foi ata o ano 2002 cando se afiliou ao Partido Popular, tras ser convidada polo presidente José María Aznar. No congreso do partido dese ano Elvira Rodríguez elaborou o relatorio económico que defendía baixo o título "Hacia la sociedad del pleno empleo y de las oportunidades". En marzo de 2003, Rodríguez foi nomeada ministra de Medio Ambiente, cargo que ocupou ata abril de 2004.

Tras isto, foi elixida deputada por Murcia, vogal da Comisión de Economía e Facenda do Congreso dos Deputados, e da Comisión de Orzamentos e voceira da Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas. Formou parte do Comité Executivo e da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular e desde o ano 2004 formou parte do equipo de Mariano Rajoy como secretaria de Política Económica e Emprego do Partido Popular. Presidiu o PP de Majadahonda ata xullo de 2006.[6]

Foi conselleira de Transportes da Comunidade de Madrid no goberno de Esperanza Aguirre entre 2006 e 2007, culminando con éxito a ampliación do metro de Madrid coa inauguración de 90 novos quilómetros e máis de 80 estacións. Desde xuño de 2007 e ata o 7 de xuño de 2011 foi presidenta da Asemblea de Madrid.[7]

Deputada na X Lexislatura desde decembro de 2011 ata setembro de 2012. Desde o 28 de setembro de 2012 foi a presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) en substitución de Julio Segura Sánchez.[8] O CNMV asumiu as responsabilidades do organismo ante a fin do mandato da presidenta e da vicepresidenta o 6 de outubro.[9]

Desde marzo de 2017 é presidenta da sociedade estatal Tragsa.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Elvira Rodríguez, expresidenta de la CNMV, será presidenta de Tragsa". El País (en castelán). 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  2. "Elvira Rodríguez no seguirá como presidenta de la CNMV". La Vanguardia (Barcelona). 3 de outubro de 2016. Consultado o 5 de outubro de 2016. 
  3. Boletín Oficial do Estado, ed. (10 de abril de 1978). "Orden por la que se nombran Interventores adjuntos en la Intervención General de la Seguridad Social a don Pablo Quintana Fábrega, doña Elvira Rodríguez Herrer y don Francisco Zambrana Chico" (en castelán). 
  4. Boletín Oficial do Estado, ed. (25 de maio de 1996). "Real Decreto 1208/1996, de 24 de mayo, por el que se nombra a doña María Elvira Rodríguez Herrer Directora General de Presupuestos" (en castelán). 
  5. Boletín Oficial do Estado, ed. (25 de maio de 1996). "Real Decreto 613/2000, de 6 de mayo, por el que se nombra Secretaria de Estado de Presupuestos y Gastos a doña María Elvira Rodríguez Herrer" (en castelán). 
  6. ABC, ed. (8 de marzo de 2005). "Elvira Rodíguez:"El PSOE acabará pagando su política sobre Majadahonda"" (en castelán). 
  7. El País, ed. (11 de xuño de 2007). "Elvira Rodríguez, presidenta de la Asamblea de Madrid" (en castelán). 
  8. "El BOE publica el nombramiento de Elvira Rodríguez como presidenta de la CNMV y el cese de Julio Segura= europapress" (en castelán). 28 de setembro de 2012. 
  9. "El Consejo de la CMNV dirigirá el organismo tras salida de Elvira Rodríguez". La Vanguardia (en castelán). 4 de outubro de 2016. Consultado o 5 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]