María Elena Vázquez Abal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Elena Vázquez Abal
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 500954

María Elena Vázquez Abal, nada en Pontevedra o 23 de febreiro de 1960, é unha matemática galega.[1] Dende 2020 é a presidenta da Comisión de Mulleres e Matemáticas da Real Sociedade Matemática Española (RSME).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elena Vázquez Abal licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou o seu doutoramento en Matemáticas.[1] Cando cursaba os seus estudos, foi diagnosticada da esclerose múltiple o que non lle impediu continuar a súa carreira e fixo medrar unha actividade a prol da inclusión.[2][3] De outubro de 1983 a setembro de 1987 impartiu clases na E.T.S.I. Industriais de Vigo e en outubro de 1987 incorporouse como docente á Facultade de Matemáticas da USC. Dende 1991 é Profesora Titular de Universidade na área de Xeometría e Topoloxía da USC. Tamén foi vicedecana da Facultade de Matemáticas, desde novembro de 2001 a decembro de 2005, e desde agosto de 2009 até xuño de 2013.[4]

A súa investigación céntrase na xeometría diferencial, en particular no estudo da xeometría dos fibrados tanxentes de orde superior, na análise da harmonicidade de aplicacións entre variedades (semi) riemannianas e no estudo da curvatura e a súa influencia na estrutura dunha variedade.

Ademais, desenvolve unha grande actividade divulgadora organizando ciclos de conferencias, concursos fotográficos e de vídeos, actividades para alumnado e profesorado de secundaria como: "A muller, innovadora na ciencia" (RSME, Premio CIENCIA EN ACCIÓN 2009), o proxecto educativo “O Arcano da Solaina” (2º Premio ENCIENDE 2013, COSCE)[5], ou o videoxogo "MatHex (FisiHex, BioHex, QuimiHex…) xogo, estratexia e coñecementos".[6]

Forma parte da Comisión de Mulleres e Matemáticas da Real Sociedade Española dende a súa creación, sendo a actual presidenta.[7] Ademais de participar en actividades para fomentar as vocacións femininas na ciencia como Unha enxeñeira ou científica en cada cole.[8] É unha das científicas da axenda feminista 2016 do Observatorio da Mariña pola Igualdade[9][10] e do proxecto Donas do código.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Curriculum resumido en galego - Curriculum vitae resumido - USC". webspersoais.usc.es. Consultado o 2020-08-21. 
  2. Rey, Manuel (2020-02-10). "Elena Vázquez Abal: "O apoio á diversidade segue sen pasar do superficial"". GCiencia. Consultado o 2020-08-21. 
  3. "Elena Vázquez Abal: «Teño a forza de vontade dun cabalo de carreiras e un compañeiro de vida»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-02-02. Consultado o 2020-08-21. 
  4. "Curriculum vitae resumido - USC". webspersoais.usc.es. Consultado o 2020-08-21. 
  5. "Inicio". enciende.cosce.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-21. 
  6. Redacción (2019-01-30). "Se queres gozar coas matemáticas tes que probar este xogo galego, Mathex". GCiencia. Consultado o 2020-08-21. 
  7. "Comisión". mym.rsme.es. Consultado o 2020-08-21. 
  8. "Unha enxeñeira ou cientifica en cada cole. 4ª Edición - - USC". www.usc.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  9. "Axenda Feminista 2016: Científicas Galegas. Observatorio da Mariña pola Igualdade". Consultado o 2020-08-21. 
  10. "Científicas gallegas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-12-23. Consultado o 2020-08-21. 
  11. "DONAS DO CÓDIGO 2017-2018. Mis científicas, empresarias y tecnólogas preferidas. CEIP de Laredo". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-08-21.