María Docampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Docampo
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Arillo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónintérprete Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

María Docampo Ramos, nada en Nova York cara a 1918 e finada en Arillo (Oleiros) o 23 de setembro de 1948, foi unha intérprete galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de pais emigrados nos Estados Unidos de América, o mariñeiro Francisco Docampo Pérez, de Bergondo, maquinista e fogueiro en Nova York, nacionalizado estadounidense en 1935, e María Ramos Díaz, de Cabreira (Oleiros). Acompañou a Castelao durante a súa estadía nos Estados Unidos de América como secretaria e intérprete, abandonándoo sen dejar pegadas no momento en que Castelao pasou a ser un refuxiado máis nos Estados Unidos unha vez perdida a guerra en 1939. Traballou como intérprete de español e portugués no Banco de Londres en Wall Street.

Casou en Nova York co mexicano José García Nieto, alcumado en Galicia Jalisco en maio de 1946. En abril de 1948 os pais de María trasladáronse á "La Brava", unha casa que mercaran en Arillo (Oleiros), coa súa irmá Encarnación. O 25 de xullo dese ano chegou a Arillo María Docampo, e despois apareceu o seu home. Días despois da súa chegada asasinou a María de 17 puñaladas, de 15 á súa sogra e de dous á súa cuñada; despois de queimar documentos intentou queimar a casa sen éxito.[1] Detido, intentou suicidarse sen éxito. Foi xulgado na Coruña en maio de 1950.[2][3] Trasladárono á prisión de Maspalomas nas Canarias, onde a CIA tiña un campo de adestramento militar. Logo duns anos de cárcere quedou libre e vuelveu casar. En 1976 asasinou á súa segunda muller e á súa filla. No avión no que fuxía das Canarias a Madrid queimou papeis no baño e foi detido e internado nun psiquiátrico no que se suicidou en 1979.[4]

Emilio González López sostén que un colega seu estadounidense dixéralle en 1941 que María Docampo fora a súa secretaria en “Servizos especiais de información militar” (a actual CIA). Outras fontes viron no asasinato de María Docampo un xeito de calala e a man da CIA. A queima compulsiva de documentos despois dos asasinatos fixeron sospeitar da información que María e Jalisco tiñan no seu poder.

Manuel Guede recreou a súa historia na obra A función do tequila (2011).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un súbdito mejicano mató a puñaladas a su esposa, a la madre y a su hermana política, La Voz de Galicia, 24-9-1948, p. 2.
  2. "La causa contra el subdito mejicano José García Pena dio comienzo en La Coruña", El Progreso, 24-5-1950, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 24-5-1950, p. 6.
  4. La Voz de Galicia, 16-2-1979, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]