María Dios
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
María Dios | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1870 |
A Pobra do Caramiñal | |
Falecemento | 1943 |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Dios, nada na Pobra do Caramiñal o 30 de outubro de 1870 e finada no mesmo concello en agosto de 1943, foi unha mestra galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sendo nova trasladouse a Santiago de Compostela para estudar, viviu cun tío cóengo e formouse en pintura, música e francés, posiblemente asistindo ás clases da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Rematada a súa formación como pintora, exerceu como docente de Debuxo na Escola de Artes e Oficios da Pobra.