María Cumplido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Cumplido

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) María Cumplido Cabello Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla
Universidade de Rennes I (pt) Traducir
Universidade Pierre e Marie Curie Editar o valor em Wikidata
Director de teseBertold Wiest (en) Traducir e Juan Gonzalez-Meneses (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Borgoña
Universidade Complutense de Madrid
Heriot-Watt University (en) Traducir
Universidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Cumplido Cabello, nada en Córdoba o 25 de abril de 1992,[1] é unha matemática e investigadora española. En 2020 foi galardoada cos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles da Real Sociedade Matemática Española.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Cumplido licenciouse en Matemáticas na Universidade de Sevilla,[3] estudou durante un ano na Universidade Pierre e Marie Curie de París.[4] Realizou un máster en Matemáticas Avanzadas na Universidade de Sevilla e obtivo unha Bolsa de Colaboración do Ministerio de Educación no Departamento de Álxebra.[4]

Doutorouse pola Universidade de Sevilla e pola Universidade de Rennes 1, sendo recoñecida a súa tese.[3] Cumplido foi investigadora posdoutoral na Universidade de Borgoña en Dijon e realizou unha estancia de investigación dun mes en Oaxaca, México.[4] En outubro de 2019 converteuse en investigadora posdoutoral na Universidade Heriot-Watt de Edimburgo.[5] Nunca exerceu en España.[1]

Centrou a súa investigación no campo da teoría xeométrica de grupos, logrando xeneralizar os resultados xeométricos e topolóxicos de grupos de trenzas ao contexto alxébrico dos grupos Artin-Tits de tipo esférico,[3] resolvendo un problema matemático que levaba 20 anos sen solución.[6] Este campo de investigación é potencialmente aplicable en sistemas de criptografía e seguridade informática.[2]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2018 obtivo o segundo premio da Fundación Rennes 1 á mellor tese en Matemáticas e Ciencias e Tecnoloxías da Información e da Comunicación.[3][7]

En 2020, foi recoñecida cun dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles da Real Sociedade Española de Matemáticas e da Fundación BBVA, un dos galardóns de investigación matemática máis prestixiosos de España e no que foron galardoadas outras cinco novas matemáticas, como Judit Muñoz, Matute ou Ujué Etayo.[3][8] Ela foi a terceira matemática do Instituto de Matemáticas Hispalense (IMUS) en conseguilo, despois de Vanessa Guerrero e Marithania Silvero.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Córdoba, Diario. "María Cumplido: "Nunca he trabajado en España porque no he podido"" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Press, Europa (7 de xullo de 2020). "Los Premios Vicent Caselles de la RSME y Fundación BBVA reconocen la excelencia investigadora de 6 jóvenes matemáticos". Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 CORDÓPOLIS (30 de xuño de 2020). "La cordobesa María Cumplido, premio de investigación en Matemáticas Vicent Caselles" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 maripazmoguer (19 de agosto de 2019). "María Cumplido, de las playas de Isla Cristina a obtener el segundo premio a la mejor tesis en Matemáticas de la fundación francesa de Rennes" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "María Cumplido, de la Universidad de Sevilla al podium de las Matemáticas" (en castelán). 1 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  6. Cortes, Agathe (13 de xullo de 2020). "Una investigadora resuelve un problema matemático abierto desde hace 20 años" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  7. Noticias, Córdoba Buenas. "La cordobesa María Cumplido recibe el segundo premio a la Investigación Matemática" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  8. López, Nerea Diez (2020-07-03). "Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles de la RSME y la Fundación BBVA 2020" (en castelán). Consultado o 2021-07-29.