Saltar ao contido

María Berdiales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Berdiales

María Berdiales, ilustrada por Dionisio Fierros en 1855 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilántropa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeManuel Núñez Espinosa Editar o valor en Wikidata

María Berdiales foi unha filántropa e benfeitora galega afincada en Vigo, coñecida por ceder parte das súas propiedades ao concello e outras administracións locais.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casada con Manuel Núñez Espinosa (nado en Santiago de Compostela en 1827 e finado en 1880), un emigrante a América que xerou unha gran fortuna, o matrimonio amasou unha gran cantidade de inmobles e terreos na cidade. Practicamente todas as construcións entre as rúas de Manuel Núñez e a Gran Vía pertencían ao matrimonio, incluído o antigo edificio do Concello. Tamén posuían os terreos e remanentes da muralla de Vigo[1], que foi derruída en 1858 para construír novos inmobles[2].

A rúa de María Berdiales

[editar | editar a fonte]

A denominación da rúa de María Berdiales, que se atopa na converxencia da avenida da Gran Vía e a rúa do Progreso, produciuse grazas á insistencia do seu fillo. Tanto María Berdiales coma o seu marido, Manuel Núñez Espinosa, mercaran un grande inmoble na rúa que leva o nome de María Berdiales, nas esquinas con Gran Vía de ronda de Don Bosco[3]. Posteriormente, dito inmoble foi cedido ao Concello, coa única condición de que se outorgasen dúas rúas coas súas respectivas denominacións a María Berdiales e o seu marido. Finalmente, foi o seu fillo, Ángel Núñez, quen conseguiu que en 1916 se outorgase dita denominación á rúa.[4]

  1. Núñez Román, Manuel (16 de novembro de 2010). "Manuel Núñez y las murallas de Vigo". Faro de Vigo.
  2. Magro, Alberto (20 de marzo de 2004). "Un documento de 1860 descubre un antiguo Concello junto a la Colegiata". La Voz de Galicia.
  3. Alonso, Julio (25 de outubro de 2020). "Rúa de María Berdiales, de «Cinema Radio» al Cluny". VigoE.
  4. Antomil Pérez, Daniel. Odonimia de la provincia de Pontevedra. Vigo (PDF). Vigo360.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]