María Barzola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Barzola
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte21 de decembro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBolivia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
21 de decembro de 1942Masacre de Catavi Editar o valor em Wikidata

María Barzola, finada o 21 de decembro de 1942, foi unha palliri boliviana. As palliris, principalmente mulleres, traballaban na busca de restos de mineral entre as rochas extraídas da mina. Como sindicalista estivo asociada a Oficios Varios de Catavi, daquela a única organización sindical legal.

Existe só un documento oficial da súa existencia, a lista de vítimas mortais no Masacre de Catavi do 21 de decembro de 1942. Ese día, un grupo de militares que controlaba a mina atacou con armas de fogo os campamentos mineiros.

As narracións descríbena como unha muller adulta "guapa, medio blancona y alta". Tempo despois unha cruz foi colocada no lugar do masacre.[1]

Influencia cultural[editar | editar a fonte]

O decreto de nacionalización das minas foi asinado o 31 de outubro de 1952 polo presidente Víctor Paz Estenssoro. Conmemorouse a morte de Barzola e as vítimas do masacre de Catavi na agora chamada "pampa de María Barzola.[2]

Un estadio situado en El Alto leva o seu nome, así como unha avenida da mesma cidade.[3] Tamén, por causa da súa figura, se instituíu o día do mineiro en Bolivia.[4]

Durante as décadas de 1950 e 1960 un comando feminino do Movemento Nacionalista Revolucionario tomou o nome de Las Barzolas. Este foi identificado tamén como un grupo de choque que exercía represión sobre movementos sociais. Ante isto, mulleres como Domitila Barrios cuestionaron dita denominación, que acabou por converterse en sinónimo de "infiltrada e vendida a intereses alleos aos movementos e reivindicacións sociais".[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Barzola, fundadora de una saga de luchadoras mineras". Diario Página Siete (en castelán). 3 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  2. "Decreto de Nacionalización" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  3. "adsib" (en castelán). 2 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  4. Bossi Rojas, Fernando (21 de decembro de 2021). "21/12/1942 María Barzola y la Masacre de Catavi". portalalba.org (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2022. 
  5. Álvarez Giménez, María Elvira (agosto de 2011). "Movimiento feminista y derecho al voto en Bolivia (1920 -1952)". Fuentes, Revista de la Biblioteca y Archivo Histórico de la Asamblea Legislativa Plurinacional (en español) 5 (15). ISSN 1997-4485. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  6. "Hace 50 años, en Bolivia: Las amas de casa hacen historia". Liga Internacional de los Trabajadores-Cuarta Internacional. 30 de xuño de 2011. Consultado o 17 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]