María Bárcena Saracho
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1887 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 1 de xaneiro de 1919 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | gripe de 1918 ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Familia | |
Parentes | Manuel Bárcena Franco, tío ![]() |
![]() ![]() |
María Margarita de Jesús Bárcena y de Saracho, nada en Vigo o 18 de febreiro de 1887 e finada en Madrid o 1 de xaneiro de 1919, foi unha aristócrata, relixiosa e poeta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Augusto Bárcena Franco (empresario e vicecónsul de Noruega en Vigo, irmán de Manuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira, alcalde de Vigo e fundador da Caixa de Aforros de Vigo) e mais da pontevedresa María del Carmen Saracho Spínola. Foi irmán do compositor Augusto Bárcena Saracho.[1] Ostentou o título de condesa da casa Bárcena.

Obtivo celebridade por ser fundadora da obra dos Xoves Eucarísticos en 1907 xunto co padre Lequerica. O propósito deste traballo era que os fieis dedicasen un tempo ao culto a Xesús en grupos de doce persoas, coma os Apóstolos. A relixión ocupou un espazo predominante na vida de Margarita, até chegar a estar internada nun convento de monxas en Manresa durante dous anos. No propio domicilio de Margarita rezaba a inscrición "non falar ou falar de Deus", en relación ao voto de silencio.[2] En 1917 trasladouse a Madrid xunto coa súa nai, e faleceu naquela cidade por mor da gripe de 1918.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]A súa nai comezou unha infrutuosa campaña de beatificación e en 1920 publicou Del corazón, unha compilación de poesía mística e eucarística da filla.[3][4]
Desde 1968 leva o seu nome a rúa Condesa Casa Bárcena da cidade de Vigo, antes coñecida como rúa Honduras, que comunica a rúa de Pizarro coa rúa de Urzaiz.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sáez-Angulo, Julia (8 de setembro de 2010). "Exposición sobre el compositor Augusto Bárcena y Saracho en la Diputación de Pontevedra". La mirada actual (en castelán).
- ↑ VV.AA. (2005). Con nome de muller (PDF). Concello de Vigo. pp. 11–12.
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "BÁRCENA Y DE SARACHO, María Margarita de Jesús". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 118.
- ↑ "María Margarita Bárcena Saracho. Condesa da Casa Bárcena". Hoxe Vigo. Consultado o 15 de maio de 2025.
- ↑ Antomil Pérez, Daniel. "Odonimia da Provincia de Pontevedra: Vigo." (PDF). Vigo360 (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Bárcena Saracho ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos Iglesias, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 31. ISBN 84-85311-96-5.
- García Herreros, Julia (1927). Un alma angelical. María Margarita de Jesús Bárcena y Saracho (en castelán). Imprenta Clásica Española.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. p. 51. ISBN 978-84-8341-146-9.