Asunción Correa Calderón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Asunción Correa Calderón»)
Infotaula de personaAsunción Correa Calderón
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
A Pena, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 1951 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAntonio Bonet Correa, Choncha Bonet Editar o valor em Wikidata
PaiAntonio Correa Fernández Editar o valor em Wikidata
IrmánsEvaristo Correa Calderón e Juan Antonio Correa Calderón Editar o valor em Wikidata

Asunción Correa Calderón, nada na Pena (Baralla) en 1896 e finada en Lugo o 23 de maio de 1951, foi unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do médico e escritor Antonio Correa Fernández. Na adolescencia tivo como preceptor a Antonio Couceiro Freijomil, destinado naqueles anos na Escola Superior Graduada de Lugo. Lectora infatigábel, entrou en contacto coas vangardas en Madrid a través do seu irmán Evaristo. Casou en 1921 co militar e pintor José Bonet Peñalver. A súa vida transcorreu na Galicia natal, só interrompida por unha estadía en 1932 en Madrid onde publicou Estampas Castellanas. Desde 1934 ata 1941 viviu en Lugo, con longas tempadas na Pena, pois enviuvou en 1938 e puxo en explotación as súas propiedades do Val de Neira de Rei. Trasladouse a Santiago de Compostela cando os fillos empezaron os seus estudos universitarios.

Obra[editar | editar a fonte]

A primeira colaboración literaria, un poema en prosa modernista, "Cuento azul"', asinado co pseudónimo Florisel, viu a luz en 1917, no semanario infantil El Ideal que dirixía en Lugo o seu irmán Juan Antonio.[1] Na década de 1930 publicou unha serie de Estampas e contos no xornal Vanguardia Gallega, de Lugo, propiedade da familia. Neses textos amosa unha prosa dinámica, áxil. De 1932 é o conto "Mariquita" (reimpreso en La Noche en 1947 e do ano seguinte a breve prosa poética dedicada á Coruña "La Ciudad del mar". Por esta época tamén cultivou a poesía. Durante a guerra civil abandonou a escritura, actividade que retomaría coa reimpresión de "Mariquita".

A temática da súa produción ten como referentes Santiago e o Val de Neira de Rei, e os campesiños e campesiñas. Entre os inéditos que conserva a familia hai cadernos de borradores con panxoliñas, estampas, contos de ambiente rural ("La casa del ahorcado", "Abel", "Las exequias"), poemas ("Plaza", "Jardines de Monjes", "Cementerio", "Camposanto", "Amanecer", "Las Nieves", "Ventana abierta", "El Camino") e unha novela inacabada: Sagrario vidas humildes y sencillas. Finou en Lugo o 23 de maio de 1951.[2] Foi soterrada en San Miguel de Neira de Rei.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casada con José Bonet Peñalver, foi nai de María Asunción,[4] José, Antonio e Jesús Santiago Bonet Correa.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asunción Correa Calderón
  2. El Progreso 24-5-1951, p. 3.
  3. El Ideal Gallego 29-5-1951, p. 8.
  4. María Asunción Bonet Correa
  5. Arquitecto Yago Bonet

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]