María Alonso Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Alonso Fernández
María José Alonso Fernández.jpg
Nacemento 22 de decembro de 1959
Lugar Carrizo de la Ribera
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación pharmacologist, farmacéutico, catedrático de universidade e académico
Premios sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959, é unha farmacéutica, catedrática e académica especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutoramento. Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón, como catedrática desde 1998.

Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).

Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[1]

Actividades realizadas[editar | editar a fonte]

Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[2] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais.

Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.

É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society Inc. (1995-98), membro de Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.

Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: Pharmaceutical Research, Journal of Controlled Release, International Journal of Pharmaceutics, European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics, European Journal of Pharmaceutical Sciences, Drug Development and Industrial Pharmacy, Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.

M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[3][4]

A profesora Alonso é membro da Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias,[5][6] e da Real Academia Nacional de Farmacia de España.[7]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1985: Premio extraordinario de doutoramento en Farmacia, USC.[1]
  • 2011: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.[3][8]
  • 2011: Premio Nóvoa Santos.[4]
  • 2013: Premio Mª Josefa Wonenburger.[9]
  • 2014: Premio Maurice-Marie Janot.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]