María Ángela Escudero Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Ángela Escudero Álvarez
Nacemento1 de setembro de 1944
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónárbitro
Premiospremio Dona i Esport
editar datos en Wikidata ]

María Ángela Escudero Álvarez, nada o 1 de setembro de 1944 en Ourense, é unha árbitra de petanca galega radicada en Cataluña.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a primeira muller que ocupou o cargo de árbitra de petanca en Cataluña no ano 1988, e en España en 1992. Nos Xogos Paralímpicos de Barcelona de 1992 conseguiu que as probas de petanca para discapacitados tivesen árbitros especialiados, e ela mesma adaptou as normas xerais do xogo ás necesidades deste colectivo. Exerceu nos Special Olympics de 1999 e 2003, e en diversos Campionatos do Mundo e torneos internacionais de petanca e petanca adaptada. Dende 1993 até 2010 foi membro do Comité Técnico de Árbitros da Federación Española de Petanca e presidiu os árbitros de Cataluña.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • No ano 2003 recibiu o premio ao Espírito Olímpico do Comité Olímpico Catalán.[1]
  • No ano 2018 foi galardoada co Premio Mireia Tapiador outorgado polo concello de Barcelona pola promoción do deporte.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 enciclopedia.cat (ed.). "María Ángela Escudero Álvarez". Consultado o 8 de febreiro de 2020. 
  2. Institut Barcelona Esports do concello de Barcelona, ed. (31 de maio de 2019). "La presència de la dona al món esportiu, protagonista del 12è Premi Dona i Esport". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2020. 
  3. Bertran, David (30 de maio de 2019). Betevé, ed. "Betevé participa en la 12a edició del Premi Dona i Esport". Consultado o 8 de febreiro de 2020.