María Álvarez Landesa
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de febreiro de 1970 Vigo |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Borgoña |
| Actividade | |
| Ocupación | docente, escritora |
María Álvarez Landesa, nada en Vigo o 20 de febreiro de 1970, é unha docente e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela e completou a formación na Université de Bourgogne - Faculté Droit-Lettres -Dijon. Exerce a docencia nun colexio de Vigo. Forma parte do colectivo de escrita feminista As Comadres das Letras.[1] [2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Como dúas crebas (2022). A Coruña: Medulia Ed. 50 páxs. ISBN 978-84-124948-3-9.
- Os pozos elegantes das clavículas (2024). Santiago: Alvarellos. 66 páxs. ISBN 978-84-18567-63-6. Cun limiar de Míriam Ferradáns e un código QR que dá acceso á lectura dos poemas coa música de Paco Dicenta.[3]
Obra colectiva
[editar | editar a fonte]- Contármonos (2023). Santiago: Alvarellos.
- Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina (2024). Antoloxía de AA.VV. Tempo Galiza Editora,
Premios[4]
[editar | editar a fonte]- 2022: Terceiro premio do certame de micropoemas Vilariñas, organizado polo colectivo NPG.
- 2023: Finalista en aRi(t)mar co poema “Ser mar” .
- 2023: Segundo premio do VIII Certame de poesía Manuel María, organizado pola Casa de Galicia en Gipuzkoa.
- 2025: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de Poesía por Os pozos elegantes das clavículas.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María Álvarez Landesa: "Tentamos reter a infancia como un espazo seguro ante unha persoa que vai marchando"". G24. Consultado o 2025-04-27.
- ↑ "María Álvarez Landesa". Alvarellos Editora. Consultado o 2025-04-27.
- ↑ ""Hai que saber deixar que a dor nos atravese para renacer e empezar doutro xeito, máis sabias"". Praza Pública. 2025-04-25. Consultado o 2025-04-27.
- ↑ "María Álvarez Landesa". www.aelg.gal. Consultado o 2025-04-27.
- ↑ "Rosa Aneiros, María Álvarez Landesa e Paula Carballeira acadan os premios Follas Novas". La Voz de Galicia. 2025-04-27. Consultado o 2025-04-27.