Mao Anying

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMao Anying

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Changsha (República da China) Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Tongchang County (Corea do Norte) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte en combate Editar o valor em Wikidata (Ataque aéreo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHoechang County (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China (1949–1950)
República da China (1922–1949) Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Militar M. V. Frunze (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1943–)
Partido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército Vermello e Exército Voluntário do Povo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor em Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) e Guerra de Corea Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLiu Siqi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMao Tse Tung Editar o valor em Wikidata  e Yang Kaihui (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLi Min (pt) Traducir, Li Na (pt) Traducir, Yang Yuehua (en) Traducir, Mao Anqing (pt) Traducir e Mao Anlong Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Mao-5

Mao Anying (en chinés: '毛岸英'), nado en Changsha o 24 de outubro de 1922 e finado en Pyongyang o 25 de novembro de 1950, foi un militar chinés. Era o fillo maior do líder chinés Mao Tse Tung e da súa segunda esposa, Yang Kaihui. Educado en Moscova e veterano de múltiples guerras, morreu nun combate aéreo durante a Guerra de Corea.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 24 de outubro de 1922 no Hospital Xiangya da Universidade Central Sur en Changsha, na provincia de Hunan, sendo fillo de Mao Tse Tung e a segunda esposa deste, Yang Kaihui. Cando tiña oito anos, súa nai foi executada polo Kuomintang e el e o seu irmán menor, Mao Anqing, escaparon a Shanghai, estando seu pai naquel momento na provincia de Jiangxi. Foron matriculados no xardín de infancia de Datong, que estaba dirixido en segredo polo Partido Comunista da China e formaba aos fillos dos líderes do partido, a través de Dong Jianwu, alias "Pastor Wang".[1] En 1933, despois de que o Kuomintang expulsase ao PCCh do Soviet de Jiangxi, o xardín de infancia de Datong quedou sen apoio, polo que Mao e o seu irmán acabaron nas rúas.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

En 1936, Mao foi localizado por Dong e Kang Sheng e á Unión Soviética, onde foi matriculado xunto ao seu irmán no Interdom de Moscova baixo o nome de "Sergei Yun Fu". A terceira esposa de seu pai, He Zizhen, uniuse a eles despois de ser ferida nunha batalla. Aínda que Mao Tse Tung deixara a súa nai por He, Anying mantivo unha boa relación coa súa media irmá Li Min, que se uniu a eles en 1941.[2]

Mao Zedong e Mao Anying

Durante a Segunda guerra mundial, Anying solicitou a Iosif Stalin que lles permitise a el e ao seu irmán Anqing unirse ao Exército Vermello, petición que foi aceptada. Licenciouse na Academia Militar Frunze e na Academia Político-Militar Lenin en 1943 e serviu como comandante adxunto no departamento político dun pelotón de tanques na 1ª Fronte de Bielorrusia. Loitou contra a Alemaña nazi en Polonia, Checoslovaquia, e na Batalla final de Berlín.[3][4][5]

Despois Día da Vitoria, Anying foi reasignado ao Extremo Oriente soviético, onde participou na guerra soviético-xaponesa. Durante a Operación Ofensiva Estratéxica de Manchuria, foi condecorado polo seu papel nas operacións militares na provincia de Chahar e na Gran Cordilleira de Khingan, polas que recibiu a Orde da Estrela Vermella e a Medalla ao Mérito na Batalla.[5]

En 1946 volveu a Yan'an, onde serviu baixo o mando de Kang Sheng na loita contra o Kuomintang, ao que derrotaron na provincia de Shanxi. Alí acadou o rango de Xeneral de División no Exército Popular de Liberación. Ao seu regreso a Pequín, converteuse en secretario e tradutor de Li Kenong na oficina de intelixencia do PCCh, no Departamento Central de Asuntos Sociais e tamén foi secretario adxunto da delegación do PCCh da Fábrica Xeral de Maquinaria de Pequín.

Guerra de Corea e morte[editar | editar a fonte]

En xuño de 1950 solicitou unirse ao Exército Popular de Voluntarios (EPV) da China como oficial na Guerra de Corea. O comandante Peng Dehuai e outros oficiais de alto rango, temendo a reacción de Mao Tse Tung se o seu fillo favorito morrese en combate, opuxéronse a que este se unise ao EPV e intentaron impedirlle a entrada. Con todo, Mao Tse Tung determinou que o seu fillo era como os demais, polo que foi asignado como secretario e tradutor de ruso para Peng, baixo o pseudónimo de "Secretario Liu" na sede EPV, situada nunhas covas preto dun antigo asentamento mineiro de ouro no condado de Tongchang. Este lugar ofrecía unha excelente protección contra os ataques aéreos das Nacións Unidas (ONU) e estaba lonxe da primeira liña da guerra.[4][6] Aínda así, a seguridade era unha ilusión, xa que a Forza Aérea dos Estados Unidos controlaba completamente o espazo aéreo.

Mao (dereita) e a súa esposa Liu Songlin.

Na noite do 24 de novembro de 1950, dous avións P-61 da ONU, que formaban parte dunha misión de recoñecemento fotográfico, foron vistos sobrevoando a zona. Segundo varias testemuñas chinesas, entre as 10:00 horas e o mediodía do 25 de novembro, catro Douglas B-26 Invader lanzaron bombas de napalm na zona.[7][8] Unha das bombas destruíu un edificio improvisado preto das covas, matando a Mao e a outro oficial, Gao Ruixin.

O corpo de Mao foi incinerado sen poder ser recoñecido e só foi identificable grazas a un reloxo soviético que lle regalara Stalin.[4] Os seus restos foron enterrados en Pyongyang, no cemiterio dos heroes do Exército Popular de Voluntarios chinés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2 and 3 Star Chinese Generals in the Korean War". paulnoll.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  2. Vozhdaeva, Oxana (4 de outubro de 2013). "How children of the world united at a Soviet school". BBC (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  3. Pathanothai, Sirin. The Dragon Pearl. Simon and Schuster. 1994. p 163.
  4. 4,0 4,1 4,2 Roblin, Sebastien (25 de abril de 2020). "No Dynasty for China: How Mao's Son Was Killed in the Korea War" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 "How Mao Zedong’s son fought for the USSR against the Nazis" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  6. Kruschev, Nikita. Memoirs of Nikita Kruschev, Vol 2. Pennsylvania State University Press. 2006. p. 98.
  7. Roblin, Sebastien (7 maio de 2017). "A U.S. Bombing Run in North Korea Wiped Out Mao Zedong's Dynasty" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  8. 立金, 武 (2006). 毛岸英在朝鲜战场 (en chinés). ISBN 978-7-5063-3717-5. Consultado o 14 de xaneiro de 2024.