Manuela Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuela Varela
Nome completoManuela Varela Quintas
Nacemento25 de setembro de 1978 (45 anos)
LugarDonostia, Guipúscoa
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
Na rede
manuelavarela.com
IMDB: nm1043493 Facebook: Manuela.Varela.Actriz Instagram: varelamanuela Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Manuela Varela Quintas[1], nada en Donostia (Guipúscoa) o 25 de setembro de 1978 é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de galegos emigrados no País Vasco, mudouse a Galicia ós 9 anos. Dende a súa infancia quixo ser actriz, o que a levou a buscar unha academia de interpretación iniciando así a súa formación ós 11 anos en Danthea.

Iniciou a súa carreira no ano 1997 coa compañía de monicreques Falcatrúa. Dende entón traballou con destacadas compañías teatrais galegas coma Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste, A internacional Teatro, Títeres Cachirulo, Centro Dramático Galego, La Tuerka 27, Galileo Teatro e Espello Cóncavo, interpretando personaxes principais.

Como actriz no sector audiovisual deu o salto no ano 1999 baixo a dirección de Ángel Peláez no documental dramatizado Santiago, ciudad de piedra. No ano 2000 foi seleccionada por Antón Reixa para interpretar a Elisa, un dos personaxes principais en Galicia Exprés, unha serie xuvenil de 80 capítulos. Ese mesmo ano traballa na longametraxe Condenado a vivir producido pola FORTA interpretando a Remedios, sobriña do tetrapléxico Ramón Sampedro. Despois de participar en varias producións para a televisión como Mareas Vivas, Gondar ou O show dos Tonechos. Entre 2007 e 2013 participou na serie Libro de familia co papel de Pili, amiga e máis tarde inimiga da protagonista María Cabanas, interpretada por Lucía Regueiro. No ano 2014 traballou baixo as ordes de Antonio Cuadri en Hotel Almirante, película para televisión cun grande éxito de audiencia.

Representou a obra de teatro Palabras malditas de Eduardo Alonso xunto a Luma Gómez e Miguel Insua, a adaptación teatral da novela de Manuel Rivas Bala Perdida con Lino Braxe, e Estado de Graza tamén baixo a dirección de Eduardo Alonso e a actriz Luma Gómez e Imma António.

Formada coma Técnico Superior de Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, tamén exerceu como axudante de dirección en varias producións teatrais.

Traballos coma actriz[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Curtas[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Adulto[editar | editar a fonte]

Infantil[editar | editar a fonte]

  • Infantiladas (2005), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
  • El sastrecillo valiente (2006), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
  • La alegre partitura (2006), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
  • Viva el teatro (2006), de Olga Margallo. Fundación María José Jove.
  • Las tierras de Sherezade (2007), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
  • El lenguaje de la música (2007), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.

Monicreques[editar | editar a fonte]

Traballos coma axudante de dirección de teatro[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Enriba do escenario estás a vivir a realidade doutro ser" La Voz de Galicia, 8/3/2017.
  2. "Ficha da curta "Lobos"". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 03 de marzo de 2017. 
  3. * Ficha de "Volant" no Festival Cortopatia 2016 Madrid Arquivado 21 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  4. "Ficha da obra "Vanzetti"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2017. Consultado o 03 de marzo de 2017. 
  5. "A rebeldía define a personalidade de Frida" La Voz de Galicia, 23/9/2008,
  6. "Cuatro actrices del panorama gallego dan vida a "E. R. Algún día traballaremos xuntas"" Faro de Vigo, 10/11/2012.
  7. "Lino Braxe regresa á actividade teatral con Espello Cóncavo e a obra “Romano”" Arquivado 23 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Diario de Ferrol, 23/1/2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]