Manuela Lema Villar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1913 Mens, España |
| Morte | 27 de decembro de 1993 Mens, España |
| Actividade | |
| Ocupación | labrega |
| Membro de | |
Manuela Lema Villar,[1] tamén chamada Manuela de Benita,[2] nada en Mens (Mens, Malpica de Bergantiños) en 1913 e finada no mesmo lugar o 27 de decembro de 1993, foi unha cantareira galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como labrega.[1] Xunto con Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García Prieto, Teresa Lema Varela e Adela Rey Torrado formou parte das Pandeireteiras de Mens.[1] Tras coñecer a Manuel Cajaraville Pensado en 1972, acompañaron a Agrupación Folclórica Aturuxo por países europeos e americanos.[1] Finou en Mens o 27 de decembro de 1993.[3]
Foi escollida, xunto con Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García, Adolfina Casás, Rosa Casás e Eva Castiñeira, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas 2025.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Marcelino González Lema e foi nai de Genaro e Ramiro González Lema.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Boullón Agrelo, Ana. "Da tradición á vangarda". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Busto Miramontes, Beatriz (2021). "Pandereteiras de Mens". Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-12-1993, p. 59.
- ↑ As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025