Manuel de Marcos Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel de Marcos Santos
Nacemento21 de febreiro de 1860
 Ribeira
 O Carril
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Manuel de Marcos Santos, nado en Ribeira o 21 de febreiro de 1860 e finado no Carril, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asentado da Pobra do Caramiñal onde traballou como curial no xulgado e foi correspondente de El Motín. Trasladouse á Coruña e foi redactor de El Liberal Coruñés, do que chegou a director en 1887. Foi Secretario do concello de Cee (1890) e do de Fisterra (1893). En 1881 Eduardo Riva editoulle en Noia o libro de poemas Risas y lágrimas, na imprenta do periódico El Zumbido, Manuel de Marcos engadiu na portada o sobrenome El poeta de Santa Baya. No libro hai seis textos en galego.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na igrexa do Santiago do Deán con Perfecta Acuña-Valdivieso o 30 de setembro de 1889.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]