Lito Vila Baleato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Vila Baleato»)
Infotaula de personaLito Vila Baleato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Alemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Facebook: lito.vilablogburbuja AELG: 556 Editar o valor em Wikidata

Lito (Manuel) Vila Baleato, nado en Alemaña o 30 de xaneiro de 1978, é un profesor e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos, medrou no barrio de San Pedro de Santiago de Compostela, cidade na cal estudou Filoloxía Alemá e Hispánica na USC. Despois de rematar os seus estudos con estancias grazas a bolsas Erasmus na Universität Paderborn e na University of Manchester, volveu emigrar a Alemaña, onde impartiu clases varios cursos na mesma universidade na que fora estudante de intercambio, antes de pasar ao ensino secundario, onde exerceu o seu labor docente durante case dúas décadas.

Dende o ano 2022 reside de novo en Galicia, onde compaxina a docencia no ensino secundario coa súa tarefa creativa como escritor. [2]

En Alemaña ten publicado numeroso material didáctico, varios libros de texto de Español como Lingua Estranxeira (Encuentros, A tope, Apúntate, Punto de vista) para educación secundaria e diferentes lecturas graduadas para escolares, así como público xuvenil e adulto nas editoriais Cornelsen Verlag, Circon Verlag e Editorial Pons.

Durante moitos anos escrbiu o blog La generación de la burbuja en El Correo Gallego para describir a súa visión de feitos actuais dende a súa perspectiva como emigrante en Alemaña[3].

En 2018 apareceu a súa primeira novela en lingua galega Campus Morte[4], que foi a obra gañadora do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos.

Obras[editar | editar a fonte]

Novela negra:[editar | editar a fonte]

Lecturas graduadas para estudantes de Español como Lingua Estranxeira:[editar | editar a fonte]

  • El misterio de las mascotas (2012). Cornelsen Verlag.
  • Aventuras de verano (2012). Cornelsen Verlag
  • Tú no sabes quién soy (2013). Cornelsen Verlag.
  • ¡Déjame en paz! (2013). Cornelsen Verlag.
  • El secreto de mi padre (2015). Cornelsen Verlag.
  • ¿Y ahora qué? (2015). Cornelsen Verlag.
  • Un vecino muy raro (2018). Cornelsen Verlag.
  • La casa amarilla, 5-Minuten Lektüren Spanisch A2 (2019). PONS.
  • El verano de mi vida (2019). Cornelsen Verlag.
  • ¡Desconecta! (2019). Cornelsen Verlag
  • Tapas y más, 5-Minuten Lektüren Spanisch A1 (2019). PONS.
  • Tres meses en México (2019). Cornelsen Verlag.
  • ¿Cuándo empieza el futuro? (2020). Cornelsen Verlag.
  • Otro yo en Argentina (2021). Cornelsen Verlag.
  • Un beso de verano, 10-Minuten Lektüren Spanisch B1 (2021). PONS.
  • Más que amigos (2021). Circon Verlag.
  • El otro camino (2022) Cornelsen Verlag.
  • Las gallinas de mi tía Yolanda (2022), Ed. Circon Verlag.
  • El encuentro - Spanisch lernen mit Anna (2022), Ed. PONS.
  • Desaparición en Barcelona (2023), Ed. Circon Verlag.
  • Muerte en el motel – Lernkrimi (2023), Ed. Circon Verlag.

Outros[editar | editar a fonte]

  • S.D. Compostela 1962-2022. 60 anos de sentimento branquiazul (2022). Coa coautoría de César Vila Baleato. Editado por Teófilo Edicións. Recompílase a historia da entidade a través de 600 fotografías, estatística e anécdotas.[5]

Premios[editar | editar a fonte]

2019 - XV Premio Frei Martín Sarmiento - Campus morte, Editorial Galaxia.

2021 - IX Concurso de Micro-relatos OZOCOgz, Vida, Segundo premio [1]

2022  - X Concurso de Micro-relatos OZOCOgz, Segredo, Primeiro premio .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lito Vila Baleato". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). Consultado o 2022-06-14. 
  2. "Lito Vila Baleato". Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2022. 
  3. La generación de la burbuja Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine., blog de Lito Vila.
  4. Campus Morte, na web de Editorial Galaxia.
  5. "O libro que reúne 60 anos de sentimento branquiazul". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-06-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]