Manuel Velázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Velázquez Villaverde»)
Velázquez
Información persoal
Nome Manuel Velázquez Villaverde
Nacemento 24 de xaneiro de 1943
Lugar de nacemento Madrid
Falecemento 15 de xaneiro de 2016
Lugar de falecemento Fuengirola
Altura 175 centímetros
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
1958–1962 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1962–1977 Real Madrid 301 (48)
1962–1963 Rayo Vallecano
1963–1965 Málaga 46 (14)
1978 Toronto Metros-Croatia 16 (1)
Selección nacional
1967–1975 España 10 (2)
Na rede
UEFA: 38147 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel Velázquez Villaverde, nado en Madrid o 24 de xaneiro de 1943 e finado en Fuengirola o 15 de xaneiro de 2016,[1] foi un futbolista español. Centrocampista histórico do Real Madrid, disputou con este club 402 partidos oficiais ao longo de 12 tempadas, nas que gañou seis ligas de Primeira División, tres Copas do Xeneralísimo e unha Copa de Europa. Foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou nas categorías inferiores do Real Madrid en idade cadete, e subiu ata o considerado segundo filial, o Real Madrid Afeccionados, de carácter afeccionado. Centrocampista con gran técnica e dominio das dúas pernas, proclamouse vencedor do Campionato de España de Afeccionados en 1962 tras gañar o seu equipo por 2-1 ao FC Barcelona Amateur.[2] Seguido de preto polo entón adestrador do primeiro equipo, Miguel Muñoz, foi cedido a equipos de maior categoría para continuar coa súa progresión.

Deste xeito, foi cedido ao Rayo Vallecano, que daquela militaba da Terceira División, e máis tarde ao CD Málaga, onde xogou dúas tempadas na Segunda División. No equipo andaluz tivo unhas destacadas actuacións e foi un dos piares do ascenso do equipo á Primeira División en 1965. Disputou un total de 52 partidos co club malagueño, co que marcou 14 goles. Non chegou a debutar Málaga na máxima categoría, senón que regresou ao Real Madrid para formar parte do primeiro equipo.[2]

Aliñación do Real Madrid na final da Copa de Europa de 1966. (Velázquez, abaixo, segundo pola dereita).

Debutou co Real Madrid na xornada 15 da tempada 1965/66, ante o Mallorca no estadio Luis Sitjar, ocupando o lugar do lesionado Ferenc Puskás. Marcou dous goles naquel encontro, que rematou con vitoria por 2-5, e foi titular no equipo dende entón.[2] Colocado como interior esquerdo, foi un dos piares do equipo durante os seguinte 12 anos, e amosou un grande acerto goleador grazas ao seu bo disparo dende media e longa distancia.[2] Na súa primeira campaña proclamouse campión da Copa de Europa, tras vencer por 1-2 ao Partizan de Belgrado na final, na que foi titular no medio do campo ao lado de Pirri.

Aquel equipo foi bautizado como o "Madrid dos Yé-yé",[3] e gañou seis campionatos de liga e tres da Copa do Xeneralísimo.[2] Velázquez disputou un total de 402 partidos co club, nos que marcou 59 goles.[4]

Alcumado "o cerebro", en 1977 abandonou as filas madrileñas para embarcar cara a América, onde xogou unha tempada no Toronto Metros-Croacia canadense, da North American Soccer League, a máxima categoría dos Estados Unidos e o Canadá. Xunto ao portugués Eusébio, foi o referente do equipo e do campionato, pero a metade de tempada sufriu unha grave lesión de xeonllo fronte a un porteiro rival.[2] A pesar de ser operado con éxito, foi o final da súa carreira deportiva.[2]

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi 10 veces internacional coa selección española, coa que debutou o 1 de febreiro de 1967 nun empate sen goles ante Turquía en Istambul. O seu último partido coa selección foi o 17 de abril de 1975, contra Romanía en Madrid.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Real Madrid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falleció Manuel Velázquez" (en castelán). 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 González, Luis Miguel (18 de xaneiro de 2016). "Manolo Velázquez, el cerebro rebelde del 'Madrid ye-yé'" (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2022. 
  3. Liceras, Ángel (7 de xullo de 2011). "La flor del Real Madrid yeyé". Marca (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2022. 
  4. "Velázquez". realmadrid.com (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]