Manuel Vázquez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Vázquez Pérez
Biografía
Nacemento1939 Editar o valor em Wikidata
Carnós, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 2009 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Manuel Vázquez Pérez nado en Carnós (A Arnoia) en 1939 e finado en Ourense o 10 de agosto de 2009,[1][2] foi un empresario vinícola galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia e adolescencia en Carnós. Trasladouse a Ourense e instalouse no Vinteún onde abriu un negocio de viños con distribución a domicilio. Despois montou Bodegas Arnoya, en Santa Cruz, e La Patena, coa que se meteu no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Tamén ingresou no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra con Rectoral de Amandi. Nos últimos anos mercou Bodegas Alanis na Barca de Barbantes. Tamén posuía unha bodega en Almendralexo. Participou tamén no negocio da auga natural con Augas de Sousa de Verín.

Foi condenado polo caso da falsificación de etiquetas de viños da Denominación de Orixe Ribeiro en 1994 e ingresou no Centro penitenciario do Pereiro de Aguiar no verán de 1995. En marzo de 2003 a Audiencia de Ourense suspendeu a execución da condena por razóns de saúde. Logo deste revés, o empresario retomou o seu traballo e conseguiu reflotar a empresa.

En 2017 a bodega Rectoral de Amandi elaborou unha edición limitada co nome de Manolo Arnoya, cun total de 72 barricas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]