Manuel Forcadela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Santiago Fernández Álvarez»)
Infotaula de personaManuel Forcadela
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Forcadela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Galego-Portuguesa
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía, poesía e literatura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor , filólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
LinguaLingua castelá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 1322 AELG: 269 Dialnet: 918874 Discogs: 5146817 Editar o valor em Wikidata

Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en Forcadela (Tomiño) o 25 de xullo de 1958, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa en xullo de 1985, é Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e, na actualidade, exerce como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York).

Colabora habitualmente en revistas e xornais, e é autor de máis dunha trintena de obras que abranguen a poesía, a narrativa e o ensaio literario.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Sappho de Charles Mengin, ilustra a portada de Música de cinza.
  • Ferida acústica de río, 1982, Xerais.[1]
  • O regreso das ninfas, 1985, Caixa Ourense. Edición bilingüe galego-castelán publicada no 2001, en Libertarias.[2][3]
  • O varredor en outono, 1988, Sotelo Blanco.
  • Nausícaa, 1992, edición do autor. Con tres gravuras de Laxeiro.
  • Profecía, 1992, Sons Galiza.
  • Morte do fadista, 2000, Espiral Maior.
  • Refutación da musa, 2001, Espiral Maior. Edición bilingüe galego-castelán publicada no 2002, en Lumen.[4]
  • Lámpada e medusa, 2002, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
  • Música de cinza, 2008, Galaxia.[5]
  • Xardín queimado, 2012, edición dixital do autor.[6]
  • Sales do ano doce, 2013, edición dixital do autor.[7]
  • Nunca se sabe, 2014, edición dixital do autor.[8]
  • De Tiresias, o divino, 2015, edición dixital do autor.[9]
  • Calquera di nada, 2017, edición dixital do autor.[10]
  • A mácula feroz da fermosura, 2018, edición dixital do autor [1]</ref>
  • Fábula das aves, 2019, Ed. Laiovento.[11]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A harpa e a terra (Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal), 1988, Xerais.
  • Eduardo Blanco Amor, fotógrafo, 1993, Clube Cultural Alexandre Bóveda.
  • A poesía de Eduardo Pondal, 1995, Edicións do Cumio.
  • Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal, 2005, Sotelo Blanco/Real Academia Galega. Con Xosé Ramón Pena.
  • Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra, 2005, Centro Ramón Piñeiro.[14]
  • A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, 2009, Galaxia.[15]
  • Sete leccións de poesía, 2009, Espiral Maior.
  • Dama Saudade e o cabaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na Literatura Galega Contemporánea, 2012, Frank @ Timme, Berlín.
  • A árbore de Kant. Racionalismo e irracionalismo na na fundación da Galicia moderna, 2017, Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións.
  • Lacan en Compostela, Ed. Laiovento, 2023.

Edicións[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Despois de Magritte, de Tom Stoppard, 1993, Teatro Keyzán. Con Victoria Gómez.
  • Ancho mar de argazo, de Jean Rhys, 2007, Xerais.
  • Herba abraiada, antoloxía de poesía de Emily Dickinson, 2019, Rinoceronte. Con Marta Dalhgren.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
  • III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
  • IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
  • Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1988, S. C. D. Condado.
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro.
  • Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
  • XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado.
  • XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Novo do trinque, 1997, Bloque Nacionalista Galego. Relatos.[a]
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal, 2005, Sotelo Blanco/Real Academia Galega. Con Xosé Ramón Pena.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Cara unha poética feminista: homenaxe a María Xosé Queizán, 2011, Xerais. Con Camiño Noia Campos.
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011.[18]
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.[19]
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
  • La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea, Vicente Araguas, editor, 2018, Pigmalión.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1981, por Ferida acústica de río.
  • Premio Leliadoura de Poesía no 1987, por O varredor en outono.
  • Premio García Barros no 1989, por Paisaxe con muller e barco.
  • VIII Premio Espiral Maior de Poesía no 1999, por Morte do fadista.
  • Premio Aula de Poesía de Barcelona no 2000, por Refutación da musa.
  • Premio da Crítica de poesía galega no 2001, por Refutación da musa.
  • Premio Esquío de poesía no 2001, por Lámpada e medusa.
  • Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2005, por Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra.
  • Premio de ensaio da AELG no 2007, por Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra.
  • Premio da Crítica Galicia de Ensaio e Pensamento no 2010, por A mecánica da maxia.

Vídeo documental[editar | editar a fonte]

  • María Mariño: a flor das raparigas en sombra, 2007.[20]
  • Cólera, 2007.
  • "Parnaso", 2013.[21]
  • Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín, 2019.

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. Ferida acústica de río
  2. O regreso das ninfas
  3. "Ficha en Bitraga". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-28. 
  4. "Refutar la musa = Refutación da musa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-28. 
  5. Música de cinza
  6. Xardín queimado
  7. "Sales do ano doce"
  8. "Nunca se sabe"
  9. "De Tiresias, o divino"
  10. "Calquera di nada"
  11. Seara, Teresa (Xullo, agosto, setembro 2020). "A prata que refulxe nos vocábulos". Grial. LVIII (227): 70–71. ISSN 0017-4181. 
  12. "Sang damunt la neu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 2019-06-28. 
  13. "Guía de extraviados". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2023. Consultado o 04 de xaneiro de 2023. 
  14. Diálogos na néboa
  15. A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro
  16. Guía de lectura de A esmorga
  17. "Guía de lectura de Á lus do candil" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2012. 
  18. "A Nave das Ideas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  19. Libro electrónico.
  20. María Mariño, a flor das raparigas en sombra
  21. Parnaso, versión completa e definitiva

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]