Manuel Rodríguez Rodríguez (mestre)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Viana do Bolo, España |
Morte | 3 de maio de 1908 Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , mestre , funcionario |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Rodríguez Rodríguez, nado en Viana do Bolo e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1908, foi un filólogo e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou co latinista e lexicógrafo Manuel Jarés, cura párroco de Quintela de Hedroso. Pasou ao Seminario de Astorga onde fixo o bacharelato en Filosofía e Teoloxía. Do seminario enviárono a Roma, pero renunciou a carreira sacerdotal e fíxose mestre. Exerceu a ensinanza particular, foi oficial do Goberno Civil de Oviedo e xefe de Facenda de Zaragoza e Lugo. Por amaurose quedou cego.[1] Dedicouse á ensinanza en Santiago de Compostela, onde organizou cátedras de Gramática, Filosofía e de Xordomudos e Cegos, dirixindo o colexio El Amparo. Inventou un aparato para a escritura dos cegos. Colaborou en El Carbayón de Oviedo, El Eco de Orense, La Unión Mercantil de Sevilla, El Regional, Revista Gallega, El Eco de Santiago, Faro de Vigo e Galicia.[2] É autor das narracións en galego Os bizcoitos do crego, publicado en La Voz de Mondoñedo en 1906, e "A boda do grilo" e "O pantasma", que apareceron en El Eco de Galicia en 1907.
Obras[editar | editar a fonte]
- Estudio clásico sobre el análisis de la Lengua española.
- Apuntes gramaticales sobre el romance gallego de la Crónica Troyana.
- Estudio clásico sobre el análisis de la lengua española, 1891.
- Origen filológico del idioma gallego, 1905.
- Origen filológico del romance castellano, 1905.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. p. 461. ISBN 84-7154-390-7.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.