Saltar ao contido

Manuel Rico Verea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rico Verea

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Boimorto, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, musicólogo, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1121848 BUSC: rico-verea-manuel


Presentación de "Canto popular gallego. Luís María Fernández Espinosa" no Convento de San Francisco de Pontevedra

Manuel Rico Verea, nado en Boimorto en 1948, é un mestre, musicólogo e escritor galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato e cursos de Filosofía no Seminario de Herbón e nos franciscanos de Santiago de Compostela e maxisterio na Escola Pablo Montesinos de Madrid. Exerceu a docencia en Madrid e en Euskadi ata 1978, que volveu a Galicia. Comprometeuse coa normalización da lingua galega cunha actividade de creación, investigación e publicación de obras[2] sobre a lingua e a literatura galegas e da música tradicional, orientándose á aplicación pedagóxica. Traballou na inspección educativa, na subdrección xeral de Política Lingüística (1983-85) e desde 1988 ata a xubilación en 2011, como xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Consellería de Educación na Coruña.[3]

Así mesmo, é tradutor, coordinador de coleccións literarias (“Contos da media lúa” de Algaida, e o “Trasniño verde” da editorial Anaya) e de suplementos culturais. Formou parte do grupo musical A Quenlla e dirixiu o obradoiro de música tradicional con Nani García.[3]

  • A pulguiña e o pulgón (1981). A Coruña: Citola.
  • Cantares (1981). Barcelona: Editorial Casals.
  • O noso galego 4 (1986). Con Carme López Taboada. Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788475071510.
  • Imos canta-los nadais (1987). Vigo: Galaxia.
  • Cancioneiro popular das terras do Tamarela (1990). Vigo: Galaxia. ISBN 9788471546869.
  • Arrolín, arrolán "con novas cancións e orientacións didácticas" (1994). Con Uxía Casal. Ed. Fontel. 89 páxs. ISBN 9788487951251. Tamén en Sons Galiza.
  • Tantarantán, tarantán, tarantiña. Recitativos e outras lerías de tradición oral (1994). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-1048-9.
  • Vente vindo, ven cantando, cancioneiro escolar galego (1996). A Coruña: Ed. Fontel. 144 páxs. ISBN 9788487951640.
  • Cantos de Berce. Proxecto do Taller experimental de música tradicional (2001). A Coruña: Galinova
  • A abella trebella. Proxecto de educación infantil (2005). Barcelona: Editorial Casals.
  • Educación primaria. En liña. Cursos de 1º a 6º v.galega (2006). Madrid: Editorial Anaya.
  • Panchiño o canciño. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals.
  • A gata Renata. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals.
  • O rato Tato. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals.
  • Eu non canto por cantar (2014). Con Antón Santamarina. A Coruña. Editado e distribuído por Gadis.
  • Cantos de berce[4] (con partituras) (2015). A Coruña. Editado e distribuído por Gadis.
  • Heiche cantar un conto, cancioneiro infantil de tradición oral de Galicia, con partituras (2016). A Coruña Editado e distribuído por Gadis.
  • Eu ben vin, virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar (2018). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-408-3.[5]
  • Por que non hei de cantar? (2025). Real Academia Galega.
  • Canto popular gallego de Luís María Fernández Espinosa (2024). Santiago: El Eco Franciscano. ISBN 9878409621187.
  • 1985: Premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor cultural continuado no ano 1985.
  • 1987: Premio do Ministerio de Cultura ao mellor programa radiofónico no ano 1987.
  • 1989: Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1989, que se emitiu en Radio Nacional de España en Galicia.
  1. "Manuel Rico Verea - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-27. 
  2. "Manuel Rico: «Canuto Berea era todo na Coruña da súa época»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-02-14. Consultado o 2024-09-27. 
  3. 3,0 3,1 "Manuel Rico Verea Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-09-27. 
  4. "Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís". exalumnos.gal. Consultado o 2024-09-27. 
  5. "Eu ben vin, virivín - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-27. 
  6. "Manuel Rico Verea Fondos de Radio Nacional de España en Galicia FONDOS DOCUMENTAIS CONSELLO DA CULTURA GALEGA". consellodacultura.gal. Consultado o 2024-09-27.