Manuel Remuiñán Cancela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Remuiñán Cancela
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Verdes, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Coristanco
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , traumátologo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia
Unión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata

Manuel Remuiñán Cancela, nado en Verdes (Coristanco) en 1940,[1] é un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traumatólogo, exerceu no Hospital Juan Canalejo da Coruña. En marzo de 1973 foi nomeado alcalde de Coristanco. Presentouse ás eleccións municipais de 1979 por UCD e logrou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta de 15 dos 17 concelleiros. Nas municipais de 1983 encabezou Coalición Popular e revalidou a alcaldía cunha maioría absoluta de 12 concelleiros. Encabezou a CPG nas municipais de 1987 e foi reelixido de novo cunha maioría de 13 edís. Durante esta etapa púxose en marcha a Festa da Pataca.

Dende 1979 foi tamén deputado na Deputación da Coruña. Nesta institución apoiou unha moción de censura do socialista Salvador Fernández Moreda contra o popular José Manuel Romay Beccaría en xuño de 1989. Esta situación chégase despois de que o PSdeG fose o máis votado e chegase a un acordo de goberno coa CPG e que finalmente este grupo optase por pactar a última hora con AP. Esta situación supuxo unha enorme división dentro da coalición que se foi acrecentando no tempo e que estalou coa moción de censura, a cal apoiarían 3 dos seus 5 deputados. Esta circunstancia supuxo que varios edís da CPG en Coristanco mostrasen a súa oposición ó apoio de Remuiñán á moción e que, encabezados por Antonio Pensado Plágaro, 4 deles pasasen a formar parte do comité local do PPdeG en setembro de 1989.[2] Aínda así, varios deses edís apoiaran unha moción de confianza do alcalde o anterior 12 de agosto, que dentro da CPG tan só rexeitara Pensado.[3]

Nesta circunstancia, foi candidato do PSdeG-PSOE nas municipais de 1991, mentres que o seu excompañeiro Antonio Pensado encabezou o PPdeG. Finalmente foi superado por Pensado, que logrou 8 edís fronte a 7 seus, polo que este foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Neste mandato volveu ser deputado provincial, volvendo a ser Salvador Fernández Moreda presidente con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 encabezou outra vez a lista socialista pero, pese a incrementalos seus apoios, non consigueu recuperala alcaldía dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997 foi candidato número 12 dos socialistas pola Coruña, se ben non resultou elixido. Nas municipais de 1999 encabezou de novo o PSdeG pero empeorou os seus resultados, co que os populares ampliaron aínda máis a súa maioría, ante o cal decidiu non tomar posesión como edil e retirarse da primeira liña política, quedando como militante de base socialista.[4] Foi substituído na portavocía pola súa número 2 Carmen Villar Cotelo.


Predecesor:
José Pichel Calvelo
 
Alcalde de Coristanco
 
1973 - 1991
Sucesor:
Antonio Pensado Plágaro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia ed. Santiago, 2-4-1987 p. 43.
  2. La Voz de Galicia ed. Carballo, 29-9-1989 p. 27.
  3. La Voz de Galicia ed. A Coruña, 13-8-1989 p. 18.
  4. La Voz de Galicia ed. Carballo, 27-7-1999 p. 37.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]