Manuel Regal Ledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Regal Ledo, nado en Chantada o 9 de febreiro de 1947, é un teólogo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no mosteiro de Samos, profesando como frade bieito en 1969, e licenciouse en teoloxía bíblica na Universidade de Deusto. Vencellado ás revistas Irimia e Encrucillada e ao movemento de renovación cristiá e galeguista que estas pregonizan. Colaborou na edición da Biblia á lingua galega desde os textos orixinais traducindo o libro Macabeos, as cartas aos colosenses de San Paulo e parte das cartas católicas[1]. Desde 1993 é educador no Proxecto Home de Lugo.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio e traducións[editar | editar a fonte]

  • Co evanxeo pola man. Comentarios, pregarias e preces sobre o evanxeo de cada domingo, 1992, SEPT.
  • Benqueridos amigos. Comentarios, pregarias e preces sobre o Evanxeo de cada domingo. Ciclo B, 1993, SEPT.
  • Convocados para a irmandade. Comentarios, pregarias e preces sobre o Evanxeo de cada domingo. Ciclo C, 1994, SEPT.
  • No nome do pai. Cadernos de oración, 1996, SEPT.
  • A partir de hoxe, 2000, SEPT.
  • Xuntos facemos pobo, 2001.
  • Roxelio Subiela Ledo. A gracia dun home de aldea, 2003, Irimia.
  • A graza daquel verán. Reflexións e pregarias desde os exercicios espirituais na vida diaria, 2009, Encrucillada.
  • Terra de seu. Breve historia do campesiñado galego, 2009, Movemento Rural Cristián de Galicia.
  • Xesús, aquel home de aldea, 2009.
  • Os Salmos hoxe. Versión oracional á luz do Evanxeo, 2012, SEPT.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Las comunidades terapéuticas de Proyecto Hombre. Historia, balance y perspectivas, 2010, Sotelo Blanco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Biblia, Vigo, 2ª ed., 1992, páx XIII e XIV

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]