Manuel Raspall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Raspall
Raspall.gif
Nacemento24 de maio de 1877
 Barcelona, Cataluña Cataluña
Falecemento15 de setembro de 1937 (60 anos)
 La Garriga, Cataluña Cataluña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónArquitecto
Coñecido/a porCasa Balvey, Casa Barbey, Alqueria Cloelia, sen etiquetar e Can Millet (l'Ametlla del Vallès)
Joaquim Manuel Raspall (signatura).jpg
editar datos en Wikidata ]

Manuel Joaquim Raspall i Mayol, nado en Barcelona o 24 de maio de 1877[1] e finado en la Garriga o 15 de setembro de 1937,[2] foi un arquitecto modernista e novecentista catalán.

Arquitecto dun modernismo tardío, Raspall non chegou a ter a sona dos seus predecesores e mestres Domènech i Montaner ou Puig i Cadafalch que tiñan o interese das grandes fortunas e os mecenas entre os seus clientes. Raspall soubo adaptarse a uns tempos cambiantes e a súa obra foi dende o modernismo até o novecentismo para acabar nun art déco incipiente, construíndo o que tocaba en cada momente e evolucionando de estilo e de tipo de edificación. A meirande parte das súas obras construíronse entre Barcelona e Vallès Oriental. As obras principais en la Garriga e Cardedeu, hoxe consideradas "Ben Cultural de Interese Nacional", estiveron a piques de ser derrubadas na década de 1970.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cuspinera. Raspall, arq.municipal, páx.6-8
  2. Redacció LV (17-09-1937). "Necrològica de Joaquim Raspall". La Vanguardia (en castelán): 2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.