Manuel Pita Armada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Pita Armada
Biografía
Nacementoc. 1910 Editar o valor em Wikidata (113/114 anos)
Cariño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Manuel Pita Armada, nado en Cariño cara a 1910, foi un sindicalista libertario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia acomodada da vila de Cariño, foi un dos fundadores do Sindicato da Industria Pesquera de Cariño (1933), integrado na CNT. Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido no cárcere de Ortigueira[1] e sufriu prisión no castelo de San Filipe. Despois do triunfo electoral da Fronte Popular saíu do cárcere ao beneficiarse dunha amnistía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 embarcou no boniteiro Arkale coa directiva do sindicato rumbo ao porto francés de Saint Nazaire. De Francia trasladouse a Almería onde prestou servizo na base naval e axudou ao seu irmán José Pita na posta en marcha da industria pesqueira en Adra. Integrado na Agrupación de Gallegos Libertarios, colaborou no seu voceiro Galicia Libre. Coa derrota republicana exiliouse en Orán onde foi confinado nun campo de concentración, pero puido entrar en Francia por medio do SERE e embarcou rumbo a Chile no buque Winnipeg cos seus irmáns José e Vicente.[2] Instalouse en Valparaíso onde traballou nunha compañía de seguros. Continuou vinculado ao movemento libertario en Chile até ben entrados os anos cincuenta.

Na literatura[editar | editar a fonte]

A súa historia foi recreada na novela Winnipeg (2013) de Hixinio Puentes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]