Manuel Pedreira Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Pedreira Pazos
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1891 Editar o valor em Wikidata
Celas, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Pedreira Rumbo, Demófilo Pedreira Rumbo Editar o valor em Wikidata

Manuel Pedreira Pazos, nado en Celas (Culleredo) o 20 de marzo de 1891 e finado en Pontevedra o 4 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre, en 1914 foi destinado á escola de Altos de Aranga (Aranga), ao ano seguinte a Cardeiro (Boimorto), e en 1916 a Soandres (A Laracha), onde permaneceu ata 1922, que pasou a Cortegada (Sarreaus). Na ditadura de Primo de Rivera fíxose cargo da escola da súa parroquia natal Celas e foi directivo da Sociedade “Pro-Cultura” de Celas de Peiro. En decembro de 1928 foi destinado á escola da Ucha (Poio). Afiliado a FTE-UGT e ao PSOE, foi secretario da Agrupación Socialista de Pontevedra en 1931. Formou parte da loxa masónica "Helenes nº 7" de Pontevedra. Tamén publicou algunha colaboración en El Progreso.[1] En 1935 permutou a escola de Poio pola de Meavía (Forcarei). Foi moi activo como orador na comarca de Tabeirós - Terra de Montes nos anos finais da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Foi asasinado ao aplicárselle a “lei de fugas” fóra de Pontevedra o 4 de setembro de 1936.[2] En outubro de 1937 foi separado do servizo e baixa na escala.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Manuel e Demófilo Pedreira Rumbo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 11-8-1929, p. 7.
  2. Paseados... (2)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]