José Manuel Parada Alvite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Parada Alvite»)
Infotaula de personaJosé Manuel Parada Alvite
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo
- Pontevedra Club de Fútbol
- Racing Club de Ferrol Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAndrés Parada Alvite Editar o valor em Wikidata

José Manuel Parada Alvite, coñecido como Suco II, nado en Ribeira o 4 de novembro de 1943, é un exfutbolista galego, que xogaba de extremo esquerdo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Coñecido nos seus inicios como "Zamorita", pasou logo a ser coñecido como Suco II, por ser o irmán máis novo do tamén futbolista Andrés Parada Alvite, coñecido como Suco. Comezou a xogar no Riveira da súa vila natal, do que pasou ao equipo xuvenil do Arenal de Santiago de Compostela en 1961.[1][2]

Racing de Ferrol[editar | editar a fonte]

Ese mesmo ano foi posto a proba polo Racing de Ferrol nun partido amigable ante o equipo B do Deportivo da Coruña.[3] A súa actuación foi satisfactoria e a comezos de outubro asinou como novo futbolista do club verde, con só 17 anos.[4] Debutou uns días despois nun partido contra o Coruxo,[5] e militou no club durante tres tempadas, todas na Terceira División.

Celta de Vigo[editar | editar a fonte]

En maio de 1964 fichou polo Celta de Vigo,[6] co que debutou ese mesmo mes nos oitavos de final da Copa do Xeneralísimo ante o Atlético de Madrid.[7] Militou co club vigués durante os seguintes anos na Segunda División, e na tempada 1968/69 logrou o ascenso á Primeira División, con Eizaguirre como adestrador. Na campaña 1970/71 o equipo acabou sexto e logrou unha histórica clasificación para a Copa da UEFA, a primeira da súa historia. Suco II disputou un único encontro na competición europea, ante o Aberdeen escocés.

Deixou o Celta ao remate da tempada 1971/72, despois de 193 partidos oficiais coa camiseta celeste e 24 goles en oito tempadas, nas que coincidiu con xogadores como Abel Fernández, Rivera, Quique Costas, Manolo, Rodilla ou Juan.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

En 1972 fichou polo Pontevedra, de Segunda División, co que acabou descendendo esa mesma tempada a Terceira. Tras disputar unha campaña na categoría de bronce co equipo granate, en 1974 fichou polo Atlético de Riveira, co que xogou dous anos antes de retirarse en 1976.

Despois de deixar o fútbol traballou en Moble de Cor, onde se xubilou en 2008.[8]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

En 1962 formou parte da selección galega xuvenil no Campionato Nacional de Seleccións Xuvenís.[9] Ese mesmo ano foi internacional coa selección española xuvenil, coa que disputou o Campionato Europeo Xuvenil en Bucarest, onde coincidiu cos tamén galegos Zunzunegui e Costoya.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Suco II, solicitado por varios clubs". La Noche (en castelán) (12484). 7 de setembro de 1961. p. 4. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  2. Brea, Fran (6 de decembro de 2015). "Un deportista de primera división". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2022. 
  3. "Club Ferrol, 3 - Deportivo "B", 0". La Noche (en castelán) (12499). 25 de setembro de 1961. p. 7. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  4. "Suco II firma por el Club Ferrol". El Pueblo Gallego (en castelán) (12451). 4 de outubro de 1961. p. 8. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  5. "Ferrol, 0 - Corujo, 0". El Pueblo Gallego (en castelán) (12456). 10 de outubro de 1961. p. 11. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  6. "Suco II (Ferrol) ya es jugador celeste". El Pueblo Gallego (en castelán). 7 de maio de 1964. p. 11. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  7. "Frente al Atlético de Madrid, la eliminatoria de Copa está en el aire". Hoja oficial del lunes (en castelán) (1455). 18 de maio de 1964. p. 6. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  8. "El ex celtista Suco II cuelga las botas a nivel laboral". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 2008. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  9. "Galicia y Asturias se enfrentarán mañana a las cuatro y media de la tarde, en el Estadio de Balaídos". El Pueblo Gallego (en castelán) (12549). 26 de xaneiro de 1962. p. 10. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  10. "Zunzunegui, Costoya y Suco confían en ser titulares del equipo juvenil español". El Pueblo Gallego (en castelán) (13619). 14 de abril de 1962. p. 8. Consultado o 13 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]