Manuel Pérez Donsión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Pérez Donsión

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Donsión, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Cataluña
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría eléctrica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro industrial , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 288683

Manuel Pérez Donsión, nado en Donsión (Lalín) o 18 de xaneiro de 1954, é un enxeñeiro industrial e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Incorporouse en 1972 á Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial da Universidade Laboral de Tarragona, onde fixo o bacharelato superior e tres anos despois conseguiu o título de Enxeñeiro Técnico Industrial. Posteriormente trasladouse á Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Terrasa (Universidade Politécnica de Cataluña) onde conseguiu o título de Enxeñeiro Industrial. Regresou a Galicia e incorporouse en 1980 á Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, onde obtivo o doutoramento 6 anos despois. Opositou ao corpo de profesores titulares da Universidade e conseguiu praza en 1987. En 1993 obtivo a Cátedra na Universidade de Vigo, e imparte docencia na área de Enxeñería Eléctrica.

Realizou proxectos de enxeñería e levou a dirección de obra de moitos deles, participou en comités con representación internacional, coordinou a organización, como director/presidente, de actividades de I+D (congresos/conferencias) e imparte conferencias e seminarios en universidades e centros de investigación de todo o mundo. Dirixiu 5 Teses Doutorais e 70 Proxectos Fin de Carreira.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Manual de Prácticas de Laboratorio de Maquinas Eléctricas (Vigo, 1986).
  • Maquinas Eléctricas de corriente continua. Bases teóricas y ejercicios propuestos (Vigo, 1987).
  • Maquinas Eléctricas de corriente continua. Ejercicios resueltos (Vigo, 1987).
  • Motores síncronos de imanes permanentes (monografía en colaboración con Manuel A. Fernández Ferro, Santiago de Compostela, 1990).
  • Estabilidad transitoria de sistemas de potencia (Santiago de Compostela, 1993).
  • Coupled model for the interior type permanent magnet synchronous motors at different speeds (Países Baixos, 2006).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Membro do Consello Reitor do Instituto Tecnolóxico de Galicia (1994 –2001 por ser Director ETSII).
  • Membro do Steering Committee da International Conference on Electrical Machines (ICEM).
  • Presidente do Comité Directivo do Congreso Hispano-Luso de Enxeñería Eléctrica (CHLIE)
  • Membro do Subcomité Español de Compatibilidade Electromagnética (AENOR: AEN/CTN 208 G.T. 77-210).
  • Presidente da Asociación Española para o Desenvolvemento da Enxeñería Eléctrica (AEDIE), da European Association for the Development of Electrical Engineering (EADEE) e da European Association for the Development of Renewable Energy, Environment and Power Quality (EA4EPQ).
  • Vice-Presidente da Asociaçao Portuguesa para o Desenvolvemento da Engenharia Electroténica (APDEE).
  • Premio Aragón 1984.
  • Premio Sevilla 1988.
  • Insignia de Ouro da Fundación Semana Verde de Galicia (1998).
  • Premio Hector Arias 2003 de Técnica Industrial.

Achegas pedagóxicas[editar | editar a fonte]

Os libros de Manuel Pérez Donsión son empregados tanto no campo de investigación como no ensino universitario. Os seus primeiros libros (como por exemplo, Calidad de la energía eléctrica empréganse principalmente no ámbito da educación e os últimos, máis técnicos e específicos (como por exemplo, Analysis for Power Quality Monotoring), céntranse no campo da investigación.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Alicia Blanco Jar, é pai de Juan José Pérez Blanco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]