Manuel Osorio Manrique de Zúñiga, neno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Osorio Manrique de Zuñiga, neno
ArtistaFrancisco de Goya
Data1787
Técnicapintura ao óleo
Dimensións127 cm × 101,6 cm
LocalizaciónMuseo Metropolitano de Arte (Nova York)

Manuel Osorio Manrique de Zúñiga, neno é un cadro de Francisco de Goya conservado no Museo Metropolitano de Arte de Nova York (Estados Unidos). Trátase dun retrato pictórico ao óleo que mide 127 centímetros de alto por 101,6 cm de ancho.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

O retratado é o fillo máis novo de Vicente Joaquín Osorio de Moscoso y Guzmán, conde de Altamira e conselleiro do Banco de San Carlos, institución antecesora do actual Banco de España. Contratou a Goya, entón retratista na corte de Carlos III, para que fixese retratos de toda a familia, sendo este do seu fillo Manuel o máis coñecido.

Goya represéntao como un moneco, máis que como un neno. Está ríxido, sen moverse. O xesto é serio, de expresión impenetrable. Viste con ricos roupaxes, á moda do momento: un traxe de cor vermella intenso cunha faia dourada. A luz queda na parte superior do cadro.

Na parte inferior, diferenciándose do neno, hai unha serie de animais, cada un cun contido simbólico propio. Así, hai unha pega, que o neno agarra cunha corda, e que no pico leva un papel, unha tarxeta de visita do artista; este animal sería o símbolo da curiosidade.[1] No entanto, no cristianismo os paxaros simbolizan a alma, reafirmándose así a inocencia de ambos, paxaro e neno. Tamén se ve a tres gatos, que axexan á urraca, e sería o mundo dos instintos. Goya consideraba aos gatos como animais diabólicos, como pode verse en Os Caprichos.[1] Contrasta a súa malicia coa inocencia do neno. Outros paxaros están gardados nunha gaiola, á beira dereita da pintura, simbolizando o confinamento e protección da infancia.[2] Na parte inferior pode lerse o nome e a data de nacemento do modelo: «MANVEL OSORIO MANRRIQVE DE ZVÑIGA Sr. DE GINES NACIO EN ABR A II DE 1784»[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Manuel Osorio Manrique de Zuñiga (1784–1792)" (en anglès). Metropolitan Museum of Art. Consultado o )= 14 de juny de 2017. 
  2. Chan, Victor (1980). Arts Magazine nº 55, ed. Time and Fortune in Three Early Portraits by Goya (en inglés). pp. 107, 112, 114 i 117. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baur, E.-G., «El rococó y el neoclasicismo » en Los maestros de la pintura occidental, Taschen, 2005, p. 398, ISBN 3-8228-4744-5
  • Cirlot, L., (dir.), Metropolitan • MoMA, Col. «Museos del Mundo», Tomo 5, Espasa, 2007, p. 55, ISBN 978-84-674-3808-6

Outros artigos[editar | editar a fonte]