Manuel Moreno Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Moreno Blanco
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1902 Editar o valor em Wikidata
Vitigudino, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 1981 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Vitigudino, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Moreno Blanco, nado en Vitigudino (provincia de Salamanca) o 4 de xullo de 1902 e finado na mesma vila o 29 de outubro de 1981, foi un escritor e profesor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o maior de tres irmáns. Viaxou co seu pai, zapateiro artesán. Estudou Bacharelato en Salamanca e Maxisterio na Escola Normal de dita cidade e na Escola Superior de Maxisterio de Madrid, na especialidade de Ciencias.

Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encarcerado entre 1939 e 1941 porque fora membro de Izquierda Republicana. Seguiu dando clases particulares, e foi reposto como mestre en 1964. Tras xubilarse, en 1973 regresou á súa vila natal.

Escribiu arredor da súa comarca, que nomeou La Gudina. Recolleu contos e lendas de tradición oral.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La Gudina (La Extremadura leonesa): impresiones de un nativo (1977)
  • Cuentos de La Gudina (1977)
  • Los Viajes del Chumbales (1980)
  • En el Serano, Leyendas de La Gudina (1999)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou e tivo dúas fillas, Consuelo e Elena.