Manuel Marchena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Marchena

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Marchena Gómez Editar o valor em Wikidata
1 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Sala Segunda do Tribunal Supremo
10 de outubro de 2014 –
← Juan Saavedra Ruiz (en) Traducir
Maxistrado do Tribunal Supremo de España
2 de marzo de 2007 –
← José Antonio Martín Pallín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de La Laguna - dereito (–1991)
Universidade de Deusto - dereito (–1981) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaxistrado (2007–), fiscal (1985–2007) Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTribunal Supremo de España
Universidade das Palmas de Gran Canaria
High Court of Justice of Madrid (en) Traducir
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSofía Perea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosSofía Marchena Perea, Manuel Marchena Perea Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 119505

Manuel Marchena Gómez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1959, é un xurista español, e dende o ano 2007 maxistrado do Tribunal Supremo, sendo o Presidente da Sala Segunda, do Penal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1959 nas Palmas de Gran Canaria. Cursou o bacharelato no Instituto Xeral Alonso do Aiún, no Sáhara Español, e no Colexio San Ignacio de Loyola das Palmas de Gran Canaria. Licenciouse en dereito pola Universidade de Deusto en 1981 e doutorouse en dereito pola Universidade de La Laguna en 1991.

A súa actividade xurídica desempeñouna na Audiencia Territorial das Palmas, Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado, Fiscalía do Tribunal Supremo e Sala Segunda do Tribunal Supremo. Foi profesor asociado de Dereito na Universidade das Palmas de Gran Canaria e na Universidade Autónoma de Madrid.

En 2019, presidiu a Sala do Tribunal encargado de xulgar ós líderes do proceso independentista catalán (Proceso soberanista de Cataluña de 2012-2019), Causa Especial 20907/2017 e popularmente coñecido como “xuízo do procés”. A Sala estaba formada polos maxistrados da Sala Segunda do Tribunal Supremo Manuel Marchena, Antonio do Moral García, Luciano Varela Castro, Andrés Martínez Arrieta, Juan Ramón Berdugo Gómez de la Torre, Ana María Ferrer García e Andrés Palomo del Arco. O 14 de outubro de 2019 publicouse a sentenza, da que foi o seu relator.[1] Sen ningún voto particular, por unanimidade, os sete maxistrados condenaron por sedición, malversación e desobediencia ós axuizados polo procés. As penas oscilaron entre 9 e 13 anos de cárcere, así como inhabilitación e multa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "C.G.P.J - Noticias Judiciales". Consultado o 2019-10-15.