Manuel Maceda López (médico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Maceda López
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata (123/124 anos)
A Pobra do Brollón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata

Manuel Maceda López, nado na Pobra do Brollón cara a 1900, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleiro de elección popular da Proba do Brollón polo Partido Agrario Radical Gallego en 1931. Foi vicepresidente do Partido Agrario Radical Gallego das parroquias de Canedo e Óutara. Veciño de Sarria, foi elixido vicetesoureiro do Centro Republicano do Partido Xudicial de Sarria presidido por José Páramo Losada o 28 de agosto de 1932,[1] e nomeado concelleiro de Sarria logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou co alcalde Antonio Páramo Sánchez na resistencia ao golpe. Foi detido o 24 de xullo pero logrou fuxir do cárcere, conseguindo chegar a Portugal. O Xulgado de Sarria publicou en outubro de 1936 unha requisitoria contra el como testemuña no sumario por sedición contra Antonio Páramo Sánchez.[2] Retornou a Galicia e foi detido, ingresando no cárcere de Lugo o 3 de maio de 1939, de onde saíu en liberdade o 7 de xuño. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Centro Republicano de Sarria
  2. BOP Lugo, 22-10-1936, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]