Manuel Juncal Paredes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Juncal Paredes
Voda de Manuel Juncal e Clotilde Gayoso 1924.jpg
 Moaña
Falecemento12 de maio de 1937
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Jesús Juncal Paredes, nado en Moaña e finado en Vigo o 12 de maio de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Juncal Currás. Foi mestre interino en Moaña (1921), en 1923 foi destinado a San Mateo de Oliveira (Ponteareas), en 1925 a Tameiga, despois a Nespereira (Pazos de Borbén) e en 1933 coa súa muller ás Escolas Graduadas do Porriño.[1] Foi alcalde de Pazos de Borbén.[2] Militante de Izquierda Republicana, foi vocal do Comité pro-Autonomía de Galicia do Porriño en xuño de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra, foi fusilado o 12 de maio de 1937.[4] Foi separado do servizo e baixa no escalafón en xaneiro de 1941.


Predecesor:
?
 Escudo de Pazos de Borbén.svg
Alcalde de Pazos de Borbén
 
1936
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa tamén mestra María Clotilde Gayoso Rodríguez en 1924.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 18-5-1933, p. 6.
  2. Xeración perdida
  3. El Pueblo Gallego, 24-6-1936, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 13-5-1937, p. 2.
  5. Vida Gallega, 30-6-1924, p. 33.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]