Saltar ao contido

Manuel Iglesias García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Iglesias García
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
-1956 Deportivo Coia
1956-1957 Gran Peña Fútbol Club
1957-1958 Porriño Industrial Club de Fútbol
1961-1966  Rápido de Bouzas
1966-1967 Arenas de Alcabre SCD
1967-1970  Rápido de Bouzas

Manuel Iglesias García, máis coñecido como Zaragallas, nado en Vigo en 1938, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol galego. A súa traxectoria está estreitamente vencellada ao Rápido de Bouzas, no que exerceu diversas funcións ao longo de máis de 60 anos, entre elas as de xogador, adestrador, secretario e delegado.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Natural de Santo André de Comesaña, herdou o alcume de Zaragallas de seu pai, Manuel Iglesias Lago.[1] Comezou a xogar ao fútbol como medio volante no Deportivo Coia e tras destacar como xuvenil,[2] para a tempada 1956/57 fichou polo Gran Peña, co que debutou na Terceira División ás ordes de Yayo.[3][4] Na tempada 1957/58 xogou no Zeltia e durante a súa estancia en Ferrol para realizar o servizo militar vestiu a camiseta do CD Xubia.[5][3]

De regreso en Vigo pasou polas filas do Atlántida de Matamá antes de recalar en 1961 no Rápido de Bouzas.[6] Militou no club de Bouzas ata 1970, cunha paréntese na que vestiu a camiseta do Arenas de Alcabre, do que foi capitán.[7] Inmediatamente trala súa retirada como futbolista, en 1970, colleu as rendas do Rapido de Bouzas como adestrador.[8] Continuou exercendo diferentes funcións no club durante o seguinte medio século, actuando como secretario durante a presidencia de Manuel Seoane, como delegado, e incluso como responsable de lavar os equipamentos dos xogadores.[3]

  1. "Fallecimiento sentido". El Pueblo Gallego (en castelán). 25 de xaneiro de 1968. p. 8. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  2. "Figuras modestas". El Pueblo Gallego (en castelán) (10576). 14 de xaneiro de 1956. p. 7. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Zaragallas: ocho décadas pegado al fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2025. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  4. "Carta a mi amigo Celedonio". El Pueblo Gallego (en castelán) (10717). 28 de xuño de 1956. p. 6. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  5. "El Zeltia tiene nueva Directiva". El Correo Gallego (en castelán) (2649). 18 de setembro de 1957. p. 6. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  6. "El domingo hubo varios resultados sorprendentes". El Pueblo Gallego (en castelán) (12351). 8 de xuño de 1961. p. 11. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  7. "El Arenas de Alcabre, actualidad". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 1967. p. 16. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  8. "Lume na Terceira". El Pueblo Gallego. 11 de xuño de 1970. p. 15. Consultado o 12 de abril de 2025.