Manuel II Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel II Paleólogo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1350 Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xullo de 1425 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
16 de febreiro de 1391 – 21 de xullo de 1425
← Xoán V PaleólogoXoán VIII Paleólogo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego medieval (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmperador Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHelena Dragaš Editar o valor em Wikidata
FillosXoán VIII Paleólogo, Tomé Paleólogo, Zampia Palaiologina (en) Traducir, Demetrio II Paleólogo, Teodoro II Paleólogo, Andrónico Paleólogo, Constantino XI Editar o valor em Wikidata
PaisXoán V Paleólogo Editar o valor em Wikidata  e Helena Cantacuzena Editar o valor em Wikidata
IrmánsAndrónico IV Paleólogo, Teodoro I Paleólogo, Miguel Paleólogo (pt) Traducir e Irene Palaiologina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Palaiologos-13
Moeda de Manuel II

Manuel II Paleólogo, nado no 1350 e finado o 21 de xullo de 1425, foi emperador bizantino de 1391 a 1425 e fillo do emperador Xoán V Paleólogo. Con Helena Dragas, filla dun príncipe serbio, tivo sete fillos: Miguel (morto en 1406), Xoán, Teodoro, Andrónico, Constantino, Demetrio e Tomé.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando morreu o seu pai, el era refén na corte otomá de Baiaceto I en Prussa (a actual Bursa), pero deu escapado. A continuación foi asediado en Constantinopla polo sultán, cuxa vitoria sobre os bizantinos na batalla de Nicópolis (25 de setembro de 1396) non lle permitiu, con todo, tomar a capital.

Manuel decidiu entón viaxar a Occidente persoalmente en busca de axuda, e con este fin visitou Italia, Francia, Alemaña e Inglaterra, sen éxito real. A vitoria de Tamerlán sobre os turcos na batalla de Ancara en 1402, e a morte de Baiaceto en 1403 permitíronlle un respiro ante a constante presión otomá. Mantivo boas relacións con Mehmed I, pero volveu ser asediado no seu capital por Murad II en 1422. Pouco antes da súa morte, viuse obrigado a asinar un acordo polo cal o Imperio bizantino se comprometía a pagar tributo ao sultán.

Manuel escribiu moitas obras de distinto tipo: teolóxicas, retóricas, poéticas, así como unha colección de epístolas.

Imperio Bizantino

Segue a:
Xoán VII Paleólogo
Manuel II Paleólogo
Precede a:
Xoán VIII Paleólogo
Dinastía Paleólogo