Manuel González González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel González González
Manuel González González 2015.jpg
Nacemento25 de outubro de 1951
 Beba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióndialectologist
editar datos en Wikidata ]

Manuel González González, nado en Beba (Mazaricos) o 25 de outubro de 1951, é catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 1974 coa memoria A fala do Incio e doutorouse en 1980 coa tese O xugo e o carro: contribución ó estudio das denominacións dos apeiros de labranza en Galicia (inédita).

Desde o momento da súa incorporación á Universidade de Santiago, dedícase ás investigacións dos problemas lingüísticos e sociolóxicos de Galiza, especialmente na dialectoloxía e xeografía lingüística, traballo en que destaca o Atlas Lingüístico Galego (do que é coautor), así como a súa colaboración no Atlas Lingüístico de España e Portugal e no Atlas Lingüístico Románico.

Foi coordinador do Diccionario Manual da Lingua Galega (de 1991) e codirector, con Constantino García, do Diccionario da Real Academia Galega (de 1997). En colaboración con Antón Santamarina Fernández foi o responsábel do Diccionario inverso da lingua galega (1990) e do Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa), a súa obra máis relevante.

Fixo parte das comisións que redactaron as Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977) e as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1982 e 2003). Presidiu a Comisión Técnica que redactou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), aprobado en setembro de 2004.

Na RAG en 2013 con Xesús Alonso Montero.

Foi nomeado académico numerario da Real Academia Galega en 1992, institución da que foi secretario, á vez que dirixe os seminarios de Sociolingüística e de Lexicografía da Academia. Así mesmo, é director do Servizo de Terminoloxía de Galicia (Termigal) e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP).

Foi codirector, con Antón Santamarina Fernández, do Dicionario da Real Academia Galega do 2012.[1]

Temén foi un dos tres coordinadores do Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]