Manuel González Fernández
Manuel González Fernández | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1944 |
Lugar de nacemento | Chantada |
Falecemento | 10 de xullo de 2010 |
Lugar de falecemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e mestre |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel González Fernández, nado en Chantada o 15 de xuño de 1944 e finado en Lugo o 10 de xullo de 2010, foi un mestre e político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre de profesión, nos anos 60 exerceu na escola unitaria de Xermade e despois dirixiu o Colexio Público de Xermade entre 1980 e 1996. Foi nomeado alcalde de Xermade en 1970. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde. Volveu ser alcalde nas sucesivas eleccións xa polo PPdeG ata 2003, cando o substituíu o seu compañeiro de formación Tomás Rodríguez Arias
En 1997 foi deputado no Congreso dous anos, en substitución de Mauro Varela Pérez. Tamén foi deputado provincial e responsable de deportes da Deputación Provincial. Foi cronista deportivo de El Progreso.
Predecesor: - |
![]() Alcalde de Xermade 1970 - 2003 |
Sucesor: Tomás Rodríguez Arias |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Noticia en El Progreso