Manuel García, Buciños
| Manuel García, Buciños | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de decembro de 1938 |
| Buciños | |
| Nacionalidade | España |
| Ocupación | escultor |
| Coñecido/a por | Monumento ó libro e Familia |
| Premios | Premio Otero Pedrayo |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel García Vázquez, chamado Buciños, nado o 10 de decembro de 1938 en Buciños (Carballedo) é un escultor galego. A vila de orixe deste escultor rematou por configurar o seu nome ata o punto de ser coñecido polo citado topónimo, coma se realmente fose o seu primeiro apelido.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Practicamente, toda a súa obra realizouna en Ourense, vinculado ao grupo que auspiciou o escritor Vicente Risco, e que reunía a novos artistas na taberna de Tucho, e que foi denominado Os Artistiñas pola súa extrema mocidade. Do grupo formaban parte Xaime Quessada Porto, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Xavier Pousa e Arturo Baltar.
Comezou traballando a madeira, e inicialmente acusou influencias de Cristino Mallo e talvez de Antón Failde Gago, onde aproveitaba as vetas para simular roupaxes e pregas. Máis tarde traballaría o bronce e con frecuencia acudiu ás oquedades, a imaxinarios «rotos» na morfoloxía das súas pezas, que vagamente o identificarían con Henry Moore, aínda que quizais teña influencias de Julio González. As curvas pronunciadas e os volumes a un tempo rotundos e suaves danlle á escultura de Buciños unha moi definida personalidade.
Realizou numerosas exposicións en España e no estranxeiro. Está representado en todos os museos de Galiza e en numerosas institucións públicas e coleccións particulares. Os seus monumentos, a personaxes históricos ou con afán puramente ornamental, abundan nas cidades galegas. Habitualmente traballa formatos pequenos, aínda que tamén ten practicado a monumentalidade.
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-25.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel García, Buciños |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pablos, Francisco: Pousa e Buciños. Santiago, Xunta de Galicia, 1994.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- Trabazo, Luis: Pedra, barro, bronce. Ourense, Deputación provincial, 1978.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|