Manuel Formoso Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Formoso Lamas
Biografía
Nacemento1853 Editar o valor em Wikidata
Burres, España Editar o valor em Wikidata
Mortexuño de 1913 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Almansa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 5530

Manuel Formoso Lamas, nado en Burres (Arzúa) en 1853 e finado en Almansa en xuño de 1913, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Mondoñedo. Conseguiu o título de profesor da Escola Normal. Exerceu como mestre en Pontedeume, Chantada (1882-1910) e Almansa, dende xaneiro de 1911.[1] Colaborou en El Correo Gallego, La Monarquía, Crónica de Pontevedra, El Magisterio Gallego, Galicia. Revista Regional, El Regional e Follas Novas. Foi correspondente de La Idea Moderna en Chantada. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1905.[2] Finou en Almansa en xuño de 1913.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Sistema métrico teórico-practico decimal, 1886.
  • Apuntes para la historia de Chantada, 1905.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cabaleiro da Orde de Sabela a Católica (1891).[5]
  • Unha rúa de Chantada leva o seu nome dende 1927.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Manuela Albán Deus, que finou en Chantada o 8 de xaneiro de 1899.[7] Casou en segundas nupcias en Chantada con María Salomé Otero Cortés en novembro de 1899.[8] Salomé Otero finou en marzo de 1902.[9] Manuel Formoso volveu casar con Antonia Gutiérrez Tojo, irmá de Ramón Gutiérrez Tojo.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Regional, 23-1-1911, p. 3.
  2. La Correspondencia Gallega, 16-11-1905, p. 3.
  3. El Centinela, 18-6-1913, p. 1.
  4. Apuntes para la historia de Chantada
  5. El lucense 29-7-1891, p. 3.
  6. La Región, 3-3-1927, p. 8.
  7. La Idea Moderna, 18-1-1899, p. 2.
  8. La Idea Moderna, 12-11-1899, p. 3.
  9. El Regional, 29-3-1902, p. 1.
  10. El Norte de Galicia, 9-2-1911, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 199. ISBN 84-9812-018-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]