Manuel Ferreirós Espinosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Ferreirós Espinosa
Biografía
NacementoPontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Teruel, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarlos Ferreirós Espinosa Editar o valor em Wikidata
SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán

Manuel Ferreirós Espinosa, nado en Pontevedra e finado na fronte de Teruel o 16 de febreiro de 1938, foi un avogado e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Ferreirós Oca e María del Carmen Espinosa Cervela, e neto de Laurentino Espinosa Valladares. Estudou no Colexio Balmes de Pontevedra e obtivo o título de bacharel universitario na sección de letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1930.[1] Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematou a careira en Madrid. Membro do Seminario de Estudos Galegos, participou en varias das súas campañas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alférez de artillaría e defensor dos republicanos en varios consellos de guerra en Pontevedra. Era membro da Juventud de Acción Católica e estaba afiliado a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Ascendeu a tenente en xuño de 1937,[2] e marchou á fronte de guerra. Tenente de Complemento de Artillaría, estaba ao mando da Segunda Batería do 15 Rexemento Lixeiro na posición de Corral Blanco na fronte de Teruel cando foi atacada polos republicanos o 15 de febreiro de 1938 sendo gravemente ferido. Finou ao día seguinte.[3] Recibiu a Medalla Militar a título póstumo en novembro de 1938.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 2-10-1930, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 5-6-1937, p. 3.
  3. El Diario de Pontevedra, 18-2-1939, p. 2.
  4. BOE, 8-12-1938, p. 2825-2826.