Saltar ao contido

Manuel Fernández Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Fernández Varela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1772 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1834 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecólera Editar o valor en Wikidata
General Commissioner of Crusade (en) Traducir
4 de marzo de 1824 – 28 de setembro de 1834
 Francisco Yáñez BahamondeMariano de Liñán y Morelló 
Archdeacon of Madrid (en) Traducir
28 de setembro de 1834
Predicador real (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixioso, escritor, sacerdote Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930), (vol:XXIII, sec:Fernández Varela (Manuel), p.824) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX880769 BUSC: fernandez-varela-manuel-coengo-de-lugo-1772-1834

Manuel Fernández Varela, nado en Ferrol en 1772 e finado en Madrid en 1834 [1] [2] foi un relixioso e teólogo galego, comisario xeral da Cruzada, e membro da Real Academia da Historia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cargos eclesiásticos en Galiza e Madrid

[editar | editar a fonte]

Foi cóengo deán da catedral de Lugo en 1807.[3] Conselleiro de Estado, mantivo unha boa amizade co duque do Infantado, do rei Fernando VII. Persoa de ideas ilustradas e con gran sentido político, exerceu unha grande influencia política durante o período absolutista e acumulou grandes riquezas ao longo da súa vida.[4] Como resultado, foi nomeado por Francisco Tadeo Calomarde[5] Comisario Xeral da Cruzada en 1824.[1]

Mantivo unha boa relación co pintor de cámara do rei, e o seu labor como mecenas foi moi destacado.[1] Sempre entou reavivar as artes e as ciencias,[5] entre os seus actos, entregoulle á Real Academia de Belas Artes, da que foi vicerreitor, varios lenzos.[1] No eido literario destaca o acto de conmemoración de Miguel de Cervantes colocando unha lápida na casa na que residía en Madrid.[6] Tamén era afeccionado á música,[1] até o punto de que Rossini, con quen mantivo unha boa amizade,[3] compuxo un Stabat Mater na súa honra.[1][7]

Favoreceu a galegos destacados, entre eles Nicomedes Pastor Díaz, e fomentou desde os seus cargos en Madrid o desenvolvemento e saneamento do Reino de Galiza.

Recensións e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O escritor Benito Pérez Galdós descríbeo como alguén de corazón xeneroso, amante das artes e das letras, magnate e mecenas, arrogante e simpático, afable, galán e de boas maneiras.[8]

Su corazón generoso, su amor a la esplendidez, a las artes, a las letras, a todo lo que fuera distinguido y antivulgar, su trato cortesano, las cuantiosas rentas de que dispuso hacían de él un verdadero prócer, un Mecenas, un magnate, superior por mil conceptos a los estirados e ignorantes señorones de su época, a los rutinarios y suspicaces ministros. Era la figura del Sr. Varela arrogante y simpática, su habla afabilísima y galante, sus modales muy finos. Vestía con magnificencia y adornaba el severo vestido sacerdotal con pieles y rasos tan artísticamente que parecía una figura de otras edades. En su mesa se comía mejor que en ninguna otra, de lo que fueron testimonio dos célebres gastrónomos, a quienes convidó y obsequió mucho. El uno se llamaba Aguado, marqués de las Marismas, y el otro Rossini, no ya marqués, sino príncipe y emperador de la Música [...] En efecto, la mesa de este generoso y espléndido sacerdote era la mejor de Madrid. A sus salones de la plazuela de Barajas concurría gente muy escogida, no faltando en ellos damas elegantes y hermosas, porque, a decir verdad, el Sr. Varela no estaba por el ascetismo en esta materia.[9]

Foi nomeado membro da Real Academia da Historia o 27 de setembro de 1802 e tamén recibiu o colar da Orde de Carlos III [10]

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Morreu en Madrid a causa do cólera en 1834.​[11]

  1. 1 2 3 4 5 6 Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (ed.). "Manuel Fernández Varela, Comisario General de Cruzada". ceres.mcu.es.
  2. Indice Historico Espanol (en castelán). Edicions Universitat Barcelona.
  3. 1 2 Indice Historico Espanol (en castelán). Edicions Universitat Barcelona.
  4. A. Barrientos, Joaquín (2011). Larra en el mundo: la misión de un escritor moderno (en castelán). Alacant: Universitat d'Alacant. p. 302.
  5. 1 2 Historia de la vida y reinado de Fernando VII de España... (en castellà). Madrid: Imprenta Repullés. 1842.
  6. Mesonero Romanos, Ramón de (1842). Escenas matritensenses (en castellà). Madrid: Imprenta de Yenes. p. 133-134.
  7. Diario, Nós (2021-08-20). "O 'Stabat Mater' de Rossini e un clérigo de Ferrol". Nós Diario. Consultado o 2022-07-30.
  8. Pérez Galdós, Benito (2012). Los Apostólicos (en castellà). Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  9. Pérez Galdós, Benito, Los apostólicos, Alicante : Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2001, cap. XV.
  10. Memorias de la Real Academia de la Historia (en castelán). Madrid: Imprenta de Sancha. 1817. p. 70.
  11. Indice Historico Espanol (en castelán). Edicions Universitat Barcelona.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]