Saltar ao contido

Manuel Fernández Lourido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Fernández Lourido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante Editar o valor en Wikidata
Influencias

Manuel Fernández Lourido, coñecido como Manuel F. Lourido ou Lourido, nado en Vigo e finado en Buenos Aires o 19 de novembro de 1920,[1] foi un debuxante, ilustrador e pintor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Asentado en Vigo, dende 1909 traballou como debuxante en La Metalúrgica, empresa dedicada á estampaión de folladelata, e formouse, a poucos metros, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Publicou debuxos en prensa e fixo a portada do libro O miñato e mais a pomba de Avelino Rodríguez Elías. Foi vogal da directiva da Asociación General de Cultura. En 1911 fixo unha exposición no Círculo Mercantil que foi un éxito, e en 1912 participou na exposición do Centro Galego de Madrid.[2] Emigrou a Río de Xaneiro en 1911.[3] Despois marchou á Arxentina.[4] Desde Buenos Aires colaborou en Vida Gallega e nas revistas arxentinas Suevia, Plus Ultra e Caras y Caretas.[5] Compaxinou durante algún tempo a carreira de ilustrador xornalístico coas clases nocturnas de debuxo e pintura na Agrupación Artística Gallega de Buenos Aires.[6]

Enfermo, finou no Hospital Español de Temperley o 19 de novembro de 1920.[7]

La Metalúrgica de Vigo, onde traballou Lourido.

Hai obra de F. Lourido no Museo Provincial de Lugo.[8]

Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde estudou Lourido.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con Eva Montenegro Batista, que finou en Vigo en 1927, e foi pai de Manuel e María Ernestina Fernández Montenegro.[9]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Nova Galicia, 25-11-1920, p. 3.
  2. Diario de Pontevedra, 13-6-1912, p. 2.
  3. Vida Gallega, 33, 11-1911, p. 15.
  4. Vida Gallega, 57, 5-6-1914, p. 41.
  5. El Correo de Galicia, 21-11-1920, p. 2.
  6. Mateo Álvarez 2021.
  7. El Correo de Galicia, 21-11-1920, p. 1.
  8. Gegúndez López 2020.
  9. El Pueblo Gallego, 4-2-1927, p. 6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]