Pahiño
Pahiño | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Fernández Fernández | ||
Nacido | 21 de xaneiro de 1923 | ||
Lugar | Vigo | ||
Falecido | 12 de xuño de 2012 | ||
Lugar | Madrid | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1939–1940 | Navia | ||
1940–1943 | Arenas de Alcabre | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1943–1948 | Celta de Vigo | 130 | (91) |
1948–1953 | Real Madrid CF | 143 | (125) |
1953–1956 | Deportivo da Coruña | 78 | (49) |
1956–1957 | Granada | 15 | (8) |
Selección nacional | |||
1949 | España B | 1 | (0) |
1948–1955 | España | 3 | (3) |
Adestrador | |||
1956 | Deportivo da Coruña | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Fernández Fernández, comunmente coñecido como Pahiño, nado en Vigo o 21 de xaneiro de 1923 e falecido en Madrid o 12 de xuño de 2012 aos 89 anos, foi un futbolista galego que xogou no Celta de Vigo, Real Madrid, Deportivo da Coruña e na selección española durante os anos corenta e cincuenta. Foi un prolífico goleador, conseguindo o trofeo Pichichi en dúas ocasións, en 1948 mentres xogaba no Celta de Vigo e 1953 na súa etapa no Real Madrid.
A orixe do seu sobrenome, Pahiño, non está de todo clara. Hai dúas teorías a primeira é que provén do segundo apelido de seu pai Paiño[1], e a segunda que a orixe é o paxaro paíño, que só pon un ovo en cada período de reprodución igual que Manuel Fernández marcaba un gol por encontro[2]. O h debéuselle ao xornalista deportivo Manuel de Castro Handicap que a agregou por motivos estéticos.
Carreira deportiva[editar | editar a fonte]
Comezou a súa traxectoria deportiva no Navia. Na tempada 1947-1948 os goles de Pahiño axudaron ó Celta de Vigo a finalizar cuarto na liga española e acadar a final da Copa do Xeneralísimo. Na mesma tempada gañou o trofeo Pichichi por primeira vez. Tamén marcou no seu debut coa selección española nun empate 3-3 coa selección suíza.
Entre os seus compañeiros de equipo no Celta estaba Miguel Muñoz, co que marcharía ó mesmo tempo a xogar no Real Madrid. Pahiño continuou marcando goles regularmente e na tempada 1951-1952 conseguiu o seu segundo Pichichi. Con todo, coa chegada de Alfredo Di Stéfano o seu posto foi ocupado e decidiu marchar ó Deportivo de La Coruña onde xogaría no mesmo once con Luis Suárez e Arsenio Iglesias.
A pesar dos seus números como goleador, Pahiño só participou en tres ocasións coa selección española, e non acudiu ó mundial de 1950 por mor das súas ideas políticas de esquerda[3]. A súa última aparición no equipo foi no empate 2-2 contra a República de Irlanda en 1955, partido no que marcou os dous goles do equipo.
Finalizou a súa carreira deportiva no Granada CF.
En xuño de 2010 inaugurouse un campo de fútbol co seu nome en Navia, nun acto no que estiveron presentes ex xogadores do Celta de Vigo e do Deportivo da Coruña.
É o noveno xogador con máis goles en Primeira División (212).
Palmarés[editar | editar a fonte]
Vida privada[editar | editar a fonte]
Foi pai de Ignacio Fernández Goberna, cantante e compositor no grupo La dama se esconde, e Patricia Fernández Goberna, cantante do grupo Trigo Limpio co que representou a España no Festival de Eurovisión no ano 1980.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alfredo Relaño (5 de xaneiro de 2014). "Pahíño, el delantero que leía a Dostoievski". Blogs El País (en castelán).
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2014.
- ↑ Miguel Prado (12 de xuño de 2012). "Pahíño, o dianteiro rebelde que desafiou o franquismo". Praza pública.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ladislao Javier Moniño (1 de abril de 2009). "Ser de izquierdas me impidió acudir al Mundial del 50". Público (en castelán).
- Nados en 1923
- Finados en 2012
- Nados en Vigo
- Futbolistas da provincia de Pontevedra
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España